Maio de 2013
 
 

20/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Plus de altos cargos

O goberno do bipartito, PSOE-BNG (2005-2009) estivo inzado de desacordos cos sindicatos. Un dos máis salientables e que representou unha verdadeira ruptura coa cidadanía foi a aprobación do que se denominou plus de altos cargos. Na universidade temos “privilexiados” que cobran este inmerecido, discriminatorio e indecente complemento.

 

  • Noticias relacionadas

 

O complemento reflectiuse na reforma da Lei da Función Pública aprobada durante o goberno do bipartito e cos votos favorables do PSOE, BNG e PP que foi o partido que fixo a proposta.
 
A reacción dos traballadores e traballadoras da Xunta e da cidadanía non se fixo agardar e houbo mobilizacións que, en teoría, fixeron que o BNG reconsiderase a súa posición.  Primeiro, Carlos Aymerich, voceiro do BNG anunciaba o seu desexo de que a disposición quedase derogada a través da Lei de Orzamentos do seguinte exercicio, (nin que dicir que non se levou a efecto). Máis tarde o BNG pediu á súa militancia que renunciase a ese complemento
,.Nin que dicir ten que, en moitos casos, non tivo efecto. Os cartos son os cartos.
 
No ano 2012, Feijoo anunciou a supresión temporal do plus de altos cargos. O plus recuperarase coa Lei do Emprego Público, da que xa vos informamos.
 
O plus de altos cargos representa a plasmación dun privilexio máis para unha casta de funcionarios,colocados a dedo, que se beneficiarán toda a súa vida laboral do seu paso pola política son uns representantes máis dese tipo de facer política interesada. Representan un xeito de entender a vida política cada día máis rexeitada pola cidadanía. A pervivencia deste complemento non serve máis que para desprestixiar á caste política do país, poñéndoa no sitio que lle corresponde.
 
É indignante que mentres se lexisla invocando o suposto principio de austeridade se despilfarre en prebendas para uns cantos.
 
Na Universidade realizouse fai uns días un Claustro no que se puxo de manifesto este principio (o de austeridade), non obstante, mentres que a Xunta suprime o pagamento deste plus, a UDC págao relixiosamente sendo unhas 15 as persoas beneficiadas.
 
Reclamámoslles aos beneficiarios (moitos deles débenllo ao seu paso polo goberno do bipartito) a renuncia a este plus da vergoña. De non facerse efectiva esta renuncia instamos á Universidade a que deixe de abonalo.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript