Maio de 2013
 
 

20/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL - SEGUNDO AO OIT
 

O paro xuvenil aumentará en 2013

A Organización Internacional do Traballo acaba de confirmar o que é evidente. O pasado mércores 8 de maio publicábase en Xenebra un informe a cargo da OIT sobre as "Tendencias mundiais de emprego xuvenil 2013" e, como era de esperar, as conclusións desastrosas.

 

  • Noticias relacionadas

 

O devandito documento recolle unhas previsións mundiais que situarían o número de parados de entre 15 e 24 anos en 73,4 millóns, un aumento de 3,5 millóns dende 2007 e de 0,8 millóns dende 2011. En todo o planeta, calcúlase que entre 2012 e 2018 esa cifra aumente en máis de dous millóns.
 
A media europea de desemprego xuvenil alcanzou en 2012 o 22'8%, pero isto non reflicte a realidade dos diferentes estados xa que se por un lado Alemaña diminuíu a media ata o 8'1%, España e Grecia a dispararon por enriba do 50%; ademais esta tendencia seguirá prolongándose durante o 2013.
 
Segundo o informe da Organización Internacional do Traballo, o desemprego de longa duración irrompeu como unha peaxe imprevista que ten que pagar a xeración actual de mozos.
 
O documento tamén sinala que entre as profundas cicatrices que todo isto xera na xuventude, quizais as máis importantes sexan as da desconfianza que a xeración actual de mozos ten nos sistemas socioeconómicos e políticos. Parte desta desconfianza manifestouse en protestas políticas como os movementos contra a austeridade no estado español e Grecia.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript