Número 188 - 20 de maio de 2013
 
 

UNIVERSIDADE - RECORTE SALARIAL

Reunión da Xerencia cos representantes do PAS para estudar a aplicación do recorte salarial imposto pola Xunta

    A Xerencia da Universidade reúnese onte, mércores, cos representantes do PDI e PAS (por separado) para estudar a aplicación do recorte do 5% da masa salarial. Nesta primeira reunión realizada coa representación do PAS, funcionario e laboral, estiveron presentes, tamén, o vicerreitor de profesorado e a vicerreitora de planificación económica.

UNIVERSIDADE

Recorte salarial

    O xoves, 16 o xerente transmitiu aos representantes dos traballadores que nesta semana lles faría chegar a decisión da Xunta de Galicia sobre o procedemento para efectuar o recorte do 5% da masa salarial contemplada nos Orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2013.

UNIVERSIDADE

    Os Orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2013 establecen o recorte do 5% da masa salarial das universidades galegas. Xa comunicamos en anteriores artigos que, mentres as retribucións do PAS veñen determinadas pola Lei de Orzamentos da Xunta de Galicia, as retribucións do PDI funcionario veñen determinadas por normativa estatal. O PDI contratado conseguiu, por Convenio Colectivo a equiparación salarial co PDI funcionario.

ENSINO - A MALA EDUCACIÓN

    O Consello de Ministros do venres pasado aprobou o Proxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), denominada comunmente lei Wert (aquí en Galicia lei da wertgoña). Xa indicabamos no PASquín anterior que despois do éxito da folga e manifestacións do día 9 a lei non se aprobara no Consello de Ministros do día 10 non porque non se pensara aprobar senón porque facelo un día despois da exitosa convocatoria non era “apropiado”.

LABORAL - SEGUNDO AO OIT

    A Organización Internacional do Traballo acaba de confirmar o que é evidente. O pasado mércores 8 de maio publicábase en Xenebra un informe a cargo da OIT sobre as "Tendencias mundiais de emprego xuvenil 2013" e, como era de esperar, as conclusións desastrosas.

MÁIS DESIGUALDADE, MÁIS POBREZA

    A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) fixo público un estudo sobre os primeiros anos da crise (2007-2010) que mostra que o estado español non só é un dos estados máis duramente golpeados pola crise, senón que ademais esta agravou como en ningún as diferenzas de ingresos entre os que máis e os que menos teñen.

PIDEN PRORROGAR O PRAZO PARA PAGAR AS MATRÍCULAS

    O prazo tope establecido pola Comunidade de Madrid para facer fronte á matrícula vencía o pasado 15 de febreiro, pero a Universidade Complutense de Madrid (UCM) prorrogouno e fixou como data límite o domingo 19 de maio. Os estudantes estiman que 2.000 persoas non poderán facer fronte ao pagamento antes desa data a unhas matrículas que se incrementaron un 66% de media.

FERROL - AUTOCONVOCATORIA CIDADÁ

    O goberno municipal de Ferrol, pretende gastar por enésima vez, centos de miles de euros nunha nova remodelación da Praza de España, cando xa se levan dilapidados máis de 16,5 millóns de euros, segundo medios de prensa.

ECONOMÍA FAMILIAR EN VERMELLO - ÁNGEL ARNÁIZ

    A crise fai madeixa nos fogares galegos. Austeridade, recortes, peches de empresas e paro crecente socavan as economías familiares. Os niveis medios de ingresos mensuais dos fogares a 1 de xaneiro de 2012, segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), reflicten que case a cuarta parte do millón longo de unidades familiares de Galicia, un 24,11%, non chegan a mileuristas, a pesar de que os ingresos media por familia en Galicia sitúanse nesa data en 1.908 euros, segundo o IGE.

OPINIÓN . Isaac Rosa

    O final da primavera marca o arranque da tempada estival de tormentas. Sobe a temperatura, e cando menos o esperas, un ceo tranquilo cóbrese de nubes negras, estalan tronos e raios, cae a sarabia e sálvese quen poida. E así todo o verán, co susto no corpo. Meteoroloxía? Que va. Estou a falar de economía. Da española, que nos últimos anos se acende cando chegan estas datas e abócanos a un verán tormentoso. Fagamos memoria:

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Na medida en que se vai entrando no círculo da contratación a través das listas de agarda é moi posible que algún ou algunha de vós teñades acumulados tres anos de traballo, ben xuntando períodos na Universidade (computan calquera tipo de contrato, Capítulo I ou Capítulo VI) ou ben xuntando períodos de máis dunha administración.
 UNIVERSIDADE
    O goberno do bipartito, PSOE-BNG (2005-2009) estivo inzado de desacordos cos sindicatos. Un dos máis salientables e que representou unha verdadeira ruptura coa cidadanía foi a aprobación do que se denominou plus de altos cargos. Na universidade temos “privilexiados” que cobran este inmerecido, discriminatorio e indecente complemento.
 17 DE MAIO MANIFESTACIÓN NACIONAL PORQUE NON QUEREMOS SER EXTRANXEIRAS NA PROPIA PATRIA
    Milleiros de persoas asistimos, un ano máis, á manifestación do 17 de maio que este ano tivo como lema “Non queremos ser estranxeiras na propia patria”, que parafrasea un verso de Rosalía de Castro no día en que se fan os 150 anos da publicación do primeiro libro contemporáneo monolingüe en galego, os Cantares galegos. Transcribimos un manifesto apoiando a convocatoria asinado por persoeiros da música, o deporte, a literatura, as artes escénicas…
 LABORAL
    O neoliberalismo europeo presiona ao goberno para que lexisle o denominado contrato único o que representaría, nin máis nin menos, que a posibilidade de despedimento gratis, sen xustificar.
 OPINIÓN - Ana Mulet
    Considerando esencial que os dereitos humanos sexan protexidos por un Estado de Dereito, co fin de que se nos garantan os devanditos dereitos esenciais e non nos vexamos compelidos ao supremo e lexitimo recurso da rebelión contra a tiranía e a opresión.
 UN DÍA GOZOSO PARA A LINGUA GALEGA
    Trece medios de comunicación -- Radiofusión, Valminor.info, Novas da Galiza, Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Certo, Que Pasa na Costa, O compás da Costa, Tempos Novos, Terra chá.xa, Crónica 3 e a Nova Peneira-- presentaron a "Asociación de Medios en Galego", unha nova entidade que ten como obxectivo organizarse para manter e potenciar o galego, garantir a pervivencia da lingua nos medios, traballar pola dignificación do xornalismo e procurar vías de financiamento que garantan a súa sustentabilidade.
 FERROL - REBELIÓN DO NAVAL - PATRICIA HERMIDA
    Sobre Ferrol cae un diluvio bíblico. Pero a cidade está en chamas. Arde o naval pola falta de carga de traballo, os continuos despedimentos e o "culebrón" do flotel.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
    SI QUE É INÚTIL, SI

     
      A VERDADE É QUE NOS POÑEN DE MAL XENIO A TODAS/OS

       
        SABÍANO TODOS

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript