Maio de 2013
 
 

20/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  ECONOMÍA FAMILIAR EN VERMELLO - ÁNGEL ARNÁIZ
 

A cuarta parte das familias galegas non chega a mileurista

A crise fai madeixa nos fogares galegos. Austeridade, recortes, peches de empresas e paro crecente socavan as economías familiares. Os niveis medios de ingresos mensuais dos fogares a 1 de xaneiro de 2012, segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), reflicten que case a cuarta parte do millón longo de unidades familiares de Galicia, un 24,11%, non chegan a mileuristas, a pesar de que os ingresos media por familia en Galicia sitúanse nesa data en 1.908 euros, segundo o IGE.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nese grupo, o 2,11% ingresa unha media mensual de 400 euros ou menos, e un 4,36% embolsa entre os 400 e 600 euros. O 17,64% restante suma unhas rendas mensuais que están entre os 600 e mil euros. En números reais, son 255.260 as familias que no mapa galego non chegan aos mil euros.
 
O índice das que perciben entre 1.000 e 1.500 é do 20,89%. E as que están entre os 1.500 e 2.000 euros representan o 17,50%.

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript