Maio de 2013
 
 

20/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

O contrato único

O neoliberalismo europeo presiona ao goberno para que lexisle o denominado contrato único o que representaría, nin máis nin menos, que a posibilidade de despedimento gratis, sen xustificar.

 

  • Noticias relacionadas

 

No estado español existen máis de 40 modalidades de contratos, e a última reforma laboral rebaixou a indemnización por despedimento de 45 a 20 días cun máximo de 12 mensualidades, pero toda extinción do contrato de traballo debe ter unha causa xustificada, de acordo coa Constitución.
 
O denominado contrato único suxerido pola Comisión Europea (CE) non esixiría ao empresario xustificar os despedimentos nin sería sancionado cando non o faga.
 
Ademais, esta fórmula permitiría eludir o control xudicial no despedimento, o que quebrantaría o dereito de "tutela xudicial" consagrado pola Constitución, impedindo ao traballador demostrar se o despedimento foi inxustificado.
 
Finalmente, a indemnización por despedimento "pautada" nunca alcanzaría a contía das que se aboan na actualidade por lei.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript