20/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Non pintamos nada
Xa non vale nin o noso voto, que xa era case nada. Estamos a sufrir un xenocidio económico e non temos xeito de defendernos. Vén imposto dende Alemaña e veciños pero é aplaudido por todos os poderes económicos nacionais: á fin vanlles deixar todo un país de escravos, pois non outra cousa son os traballadores sen dereitos.
Que noxo me dá toda a xente que ten algún poder e non o usa para que as cousas se conten como son.
É necesario algún tipo de revolución e haberá que ir pensando niso. Se as leis che impiden vivir estás obrigado a cambialas. E as leis deben ser para beneficio da maioría, non hai que perpetuar as elites existentes nin crear outras novas.


As dereitas, ultras ou non, sempre florecen en tempos de crise
Só unha mirada á historia e verémolo. O único que move a Alemaña (ou á Sra. Merkel) é ampliar o seu mercado, esgotar os recursos dos demais e vender os seus produtos. Ben pois repasando esa historia aludida, Alemaña, sempre o fixo. Hitler buscou un lebensraum ou espazo vital e Merkel fai o mesmo. Lousa campos de concentración ou exterminio xa non hai que instalalos; simplemente fanse a voz cantante usurpando un poder que non lles corresponde, obvian o Consello de Europa, carcaxeanse do Congreso Europeo e fan o que lles dá a gana. As súas armas xa non teñen que fabricalas, xa non necesitan man de obra escrava. Agora tiran de diñeiro, compran bonos lixo en EUA e véndenos aos outros. As bancas nacionais endebédanse, eles préstanlles e xa esta montada a pescada que se morde a cola. Levantan a súa voz e implementan o seu modo de ver e os demais a dicir "si ama". Entón é cando a democracia se vai ao garete xa que os gobernantes nacionais non teñen, no asunto Europa nin no euro, voz nin voto. Aos díscolos rexéitaselles e négaselles ata o dialogo. Aos submisos axúdaselles. Clientelismo a remacha martelo que, a fin de contas, é no que converten a democracia.

Somos uns peóns nun mundo globalizado
Tan certo como que nos goberna Merkel que non é máis que outra engrenaxe do mecanismo supremo que dirixe as vidas e facendas de todos os europeos e que ,á súa vez, penden doutro gran mecanismo que é quen de verdade dirixe a economía mundial e con iso todos os resortes que nos permiten un esbozo de liberdade máis ou menos maior, máis ou menos crible, eles deciden cando debemos finxir que somos unha democracia ou cando directamente se decantan por unha ditadura sen máis paliativos. Somos os peóns dun mundo globalizado e movémonos en función dos intereses dun 1% da poboación mundial, é dicir que dos sete mil millóns de habitantes que poboamos este maltratado planeta, sete millóns forman o groso da gran máquina onde a xeito de pirámide se asinta sobre os seis mil novecentos noventa e tres millóns restantes.
Parece unha chufla, unha paranoia ou unha lenda urbana, agora sabemos que non o é, que é tan certo como que Mariano Rajoy é un cero á esquerda nese maremagnum de números que expliquei. El sábeo, trata de disimulalo lendo todo o que lle escriben porque se fala sen ler é un disparate, parece como pouco o parvo de Coria, escríbenlle discursos grandilocuentes e cheos de mireusted e sentido común, como Deus manda, lóxica aplastante, en fin lugares comúns e verborrea insulsa e oca, pero el leo e ponse circunspecto e parece que ata o di en serio. Eu creo que por dentro se ten que estar descojonando, como cando o pillaron dicindo que o desfile do día da Hispanidade era un coñazo e descoidos parecidos.
Pero claro, as aparencias contan e para eles contan moito, teñen que aparentar que saben o que fan, que son honrados, que son serios e que son de confianza. O que acontece é que lles sae tan mal que xa ninguén lles cree e todos nos rimos deles, de Mariano e os seus mariachis, de toda esa corte dos milagres na que se converteu o PP unha corte chea de Rinconetes e Cortadillos, de tuercebotas, rateiros, estafadores, fariseos...

Todo atado
A TROYCA á hora de apertar as roscas actúa á vista dun manual que, previamente, facilitou aos seus gobernos lacaios. O primeiro paso é de suxestión e os gobernos tradúceno como lamento. O segundo é de recoñecemento e alento para seguir coa seguinte volta de rosca. E así todo un rosario de infinitas contas. Todos eles con caras marmóreas.
Soben impostos? Si, os indirectos -o IVE, e especiais - e eliminando tramos. Os directos soamente o IRPF, ou sexa as rendas do traballo, onde se veu reducindo a progresividade. O de sociedades, en teoría manteñen os tipos, pero engaden deducións, co cal temos que as grandes empresas do IBEX, a que paga - cada ano máis fraude fiscal a través de paraísos fiscais - está entre un 8 e 12%. De grandes fortunas, de movementos financeiros, de que sexan os que máis teñen os que máis pagan: estes sinxelamente nada de nada.
Niso vaise traducindo a austeridade para os poderosos e convertendo en austericidio para a inmensa maioría de nós.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript