Maio de 2013
 
 

20/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  ENSINO - A MALA EDUCACIÓN
 

O Consello de Ministros aproba a LOMCE

O Consello de Ministros do venres pasado aprobou o Proxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), denominada comunmente lei Wert (aquí en Galicia lei da wertgoña). Xa indicabamos no PASquín anterior que despois do éxito da folga e manifestacións do día 9 a lei non se aprobara no Consello de Ministros do día 10 non porque non se pensara aprobar senón porque facelo un día despois da exitosa convocatoria non era “apropiado”.

 

  • Noticias relacionadas

 

O proxecto de lei aprobado ás costas da sociedade e do sector, é unha lei segregadora (facilita a segregación por sexos), feita ao ditado do seita relixiosa Opus Dei, ten entre o seus principais obxectivos mercantilizar a Educación, facer retroceder a Educación Pública ata moito antes dos logros que nos permitiron chegar ata aquí e dificultar o dereito ao ensino sobre todo ao alumnado proveniente da clase traballadora. É unha lei recentralizadora coa que se pretende acabar coas linguas nacionais do estado ao financiar con cartos públicos o seu rexeitamento no ensino.
 
Comeza agora o trámite parlamentario. Neste proceso que se abre entendemos imprescindible a mobilización que obrigue ao PP á súa retirada.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript