Maio de 2013
 
 

13/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  XUSTIZA
 

350 xuíces asinan un manifesto contra a reforma do CGPJ de Gallardón

O documento denuncia que a reforma da Xustiza presentada polo Goberno supón "un ataque á independencia xudicial e ao principio de división de poderes". Os asinantes critican que este cambio supoñerá unha "subordinación do poder xudicial ao poder político"

 

  • Noticias relacionadas

 

Os maxistrados detallan que, nun contexto no que se están a investigar numerosos casos de corrupción, é imprescindible que o Goberno respecte a actuación dunha xudicatura independente e que dispoña de instrumentos que perturben as atribucións constitucionais de xulgados e tribunais.
 
Recoñecen que o funcionamento do CGPJ pode mellorar pero, non obstante, non pode ser un pretexto do Goberno para despoxar de competencias, "o cal posibilitará un control e un condicionamento das súas funcións xurisdicionais".
 
O manifesto recorda que a independencia xudicial "non" é un privilexio" dos membros da xudicatura, senón unha "garantía" para os dereitos fundamentais da cidadanía. Ademais, sosteñen que a deterioración da xustiza débese aos "recortes presupostarios" que realizan os poderes públicos, polo que reclaman "ao Goberno e a todos os poderes públicos un pacto sobre Xustiza que garanta dunha vez por todas, a independencia xudicial e a efectiva división de poderes que proclama a Constitución"

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript