Maio de 2013
 
 

13/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reunión da Comisión de Funcionarización e constitución da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo

O mércores día 8 realizáronse reunións da Comisión de Funcionarización e outra do Comité de Empresa coa Xerencia para constituír a Comisión Negociadora do Convenio Colectivo, das que vos pasamos a informar.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo o que transcendeu da reunión da Comisión de funcionarización está previsto que a convocatoria se leve a efecto na segunda quincena de setembro ou primeira quincena de outubro (si o Comité informa de que vai ser durante o mes de setembro, terá razón).
 
A proposta de convocatoria contempla dúas probas, unha de galego eliminatoria á que non se terán que presentar os/as que posúen o CELGA ou estudaron a asignatura de galego en educación secundaria. Tampouco terán que presentarse ao exame de galego quen superara unha proba de galego nunha convocatoria de oposición de PAS laboral fixo en calquera administración, quérese dicir con isto que quen se presentase a unha oposición na que o galego non era eliminatorio e superou ese exame, non terá que examinarse de galego.
 
A segunda proba consistirá nun exame tipo text no que o maio número de preguntas será para o grupo A (105) e o menor para o grupo AP (45), en todo caso, segundo soupemos, a puntuación máxima será de 75 puntos sendo 37,5 a mínima para aprobar. As respostas incorrectas non puntuarán negativamente.
 
Como indicamos ese mesmo día constituíuse a Comisión Negociadora do Convenio Colectivo.
 
Neste momento, á marxe do que acorden na mesa de negociación é importante reflexionar sobre o acontecido dende a dimisión dos membros da CUT do Comité de Empresa.
 
Simplemente queremos que volvades a ler o comunicado dos sindicatos que continúan no Comité e comprobaredes que nada do que se dicía era verdade.
 
Qué credibilidade poden reclamar agora?.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript