Maio de 2013
 
 

13/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Todo listo para unha nova tesoirada ás pensións

O goberno, para desviar a responsabilidade sobre as decisións (recortes) que está a tomar crea comisións de “expertos” nomeados directamente por el e que sabe xustificarán mediante o seu informe as “reformas” que o propio PP propugna.

 

  • Noticias relacionadas

 

Pasou na Lei de Universidades que se está cociñando e pasa agora coas pensións onde un “Comité de Sabios” será o encargado de realizar o estudo que argumentará un novo recorte das escuálidas pensións, todo claro está baixo o principio de “facer sostible o sistema”. Polo que se recolle nos medios de comunicación os traballos desta comisión xa están moi adiantados, preténdese que no mes xuño o informe se presente no Pacto de Toledo.
 
Un factor relevante que se terá en conta no proxecto é a esperanza de vida, un índice que se manipulará a vontade polo goberno. Outra medida estrela que incluirá é a de desvincular o incremento das pensións do IPC, establecendo unha nova relación que terá que ver co incremento dos salarios, vincular as pensións a este factor significará que, en épocas como as actuais nas que baixan os salarios, as pensións tamén diminuirán.
 
En definitiva o goberno do PP quere baixar as pensións, un Comité de Sabios argumentará a nova tesoirada padecerémola os de sempre.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript