Maio de 2013
 
 

09/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - UNIVERSIDADE
GALERÍA FOTOGÁFICA
Fotos da manifestación da folga do día 9
PARA VER AS FOTOS PREME NESTA

FOLGA CONTRA OS RECORTES EN EDUCACIÓN E CONTRA A LOMCE
 

  • Noticias relacionadas

Folga no ensino 
 
Día 9 folga xeral no ensino. Un éxito
 

A folga xeral no ensino convocada contra os recortes na educación e contra a LOMCE foi, Galicia e, no PAS da nosa Universidade, un éxito rotundo.
 
 

 

Polos cálculos realizados, na UDC participamos na folga máis do 90% do colectivo de PAS.

Dende fai tempo moitas/os de nós entendemos que aos recortes nos servizos públicos era imprescindible responder contundentemente e de xeito continuado.

O día 9 demostramos que o ánimo segue aceso para seguir mobilizándonos e seguir loitando contra un goberno que ten á administración pública no seu punto de mira para acabar con ela.


A LOMCE da Wertgoña non foi ao Consello de Ministros

A reforma da lei educativa non se aprobou no Consello de Ministros do venres, tal e como estaba previsto. A soidade do PP, o rexeitamento de sectores conservadores e as mobilizacións da comunidade educativa foron os motivos que levaron ao Goberno a atrasar a súa aprobación.

Oficialmente, o Goberno argumenta que faltan por pechar flocos da memoria económica. Fontes do goberno declararon que, non obstante, a LOMCE aprobarase no decurso deste mesmo mes. O PP separa, deste xeito, a aprobación da contrarreforma para separala temporalmente da folga xeral.

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript