Número 187 - 13 de maio de 2013
 
 

UNIVERSIDADE

Reunión da Comisión de Funcionarización e constitución da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo

    O mércores día 8 realizáronse reunións da Comisión de Funcionarización e outra do Comité de Empresa coa Xerencia para constituír a Comisión Negociadora do Convenio Colectivo, das que vos pasamos a informar.

UNIVERSIDADE

    Convocouse reunión da Comisión Electoral Central para o pasado venres, a reunión tiña como punto da orde do día a análise da circular sobre a representación do PAS nos órganos colexiados de centros e departamentos como consecuencia da nova RPT.

INTERNACIONAL

    A CUT participou dunha delegación internacional que visitou a Franxa de Gaza (Palestina).

    No ámbito da representación sindical, tamén estiveron presentes os sindicatos LAB de Euskal Herria e IAC de Catalunya. A nosa organización estivo representada polo compañeiro Manolo Camaño, Secretario de Relacións Internacionais.

LABORAL

    O goberno, para desviar a responsabilidade sobre as decisións (recortes) que está a tomar crea comisións de “expertos” nomeados directamente por el e que sabe xustificarán mediante o seu informe as “reformas” que o propio PP propugna.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA, O FUTURO EN XOGO

    Se o goberno central (PP) recorre aos “expertos” para xustificar os recortes que ten aínda pendentes, o goberno catalán (CIU) nacionalista de dereitas non vai ser menos, eles tamén teñen expertos aos que xa lles indicaron as conclusións ás que teñen que chegar nos seus informes.

MENTRES O PP DESAFIÚZA A ILP NO SENADO

    Un auto histórico dá unha labazada ao SAREB e denega o desaloxo preventivo dun bloque recuperado pola PAH

EVASIÓN FISCAL

    Non está demais que, neste momento, cando tes que facer efectiva a túa obriga de cumprimentar a declaración da renda saibas que, coma a xeneralidade da cidadanía eres un primo, un pringado que cumpres cos deberes que che impón un sistema que, á súa vez prepara o camiño para que os que realmente teñen diñeiro non coticen nada.

INTERNACIONAL

    A reivindicación dun ensino público e de calidade non é exclusivo do estado español, en Chile intentan recuperar o perdido en anos de ditadura.

MOVEMENTOS SOCIAIS - ESTREMADURA

    En Estremadura cobran forza os Campamentos Dignidade, as súas demandas son unha Renda Básica, a creación de 25.000 postos de emprego público e a paralización inmediata de todos os desafiuzamentos.

LEI DE COSTAS

    Desde a Asociación Ecoloxista Verdegaia mostramos o noso máis rotundo desacordo coa aprobación da reforma da lei de costas. A denominada “lei de protección e uso sostible do litoral...” o único que busca é a demolición dos obxectivos e principios xurídicos da lei de costas de 1988

OPINIÓN - Isaac Rosa

    Onde estiveches onte? Encerrado na Facultade durante a folga de educación, e pola tarde na manifestación? Recollendo firmas contra a privatización sanitaria? Dando un Toque a Bankia? Protestando no Congreso contra a nova Lei de Costas? Paralizando un desafiuzamento, ocupando vivendas para desafiuzados? Tratando de organizar algunha protesta contra a próxima lei do aborto?

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    A folga xeral no ensino convocada contra os recortes na educación e contra a LOMCE foi, Galicia e, no PAS da nosa Universidade, un éxito rotundo.
 OPINIÓN. Cristina Fallarás
    Ábrese o pano e aparecen tres individuos. Sábese que o son polo seu aspecto antropomorfo, e supónselles vascos pola boina. Polo demais, unha carapucha tápalles a cara.
 17 DE MAIO MANIFESTACIÓN NACIONAL PORQUE NON QUEREMOS SER ESTRANXEIRAS NA NOSA PATRIA
    Susana Méndez, coordinadora de Queremos Galego: “Convidamos todas as persoas que amen o galego a que participen na manifestación nacional do Día das Letras”
 AMIGOS PARA SEMPRE
    A sentenza, que crea xurisprudencia, declara á súa vez, legais pero abusivas as denominadas cláusulas chan e teito. Difícil de entender para os mortais esa determinación, seguro que no ámbito xurídico terá fundamento.
 XUSTIZA
    O documento denuncia que a reforma da Xustiza presentada polo Goberno supón "un ataque á independencia xudicial e ao principio de división de poderes". Os asinantes critican que este cambio supoñerá unha "subordinación do poder xudicial ao poder político"
 O LOBBY DA INDUSTRIA FARMACEÚTICA
    O premio Nobel de Fisiología e Medicina de 1993, Richard J. Roberts, denunciou mediante unha entrevista publicada no xornal La Vanguardia, como as grandes corporacións farmacéuticas antepoñen os seus beneficios económicos á saúde da sociedade mediante a paralización de investigacións na cura de enfermidades, xa que o verdadeiramente rendible é a cronificación das devanditas patoloxías para así poder ter clientes perpetuos.
 OPINIÓN - Vicenç Navarro
    O dogma neoliberal dominou a cultura política, económica e mediática dos países do Atlántico Norte dende a década dos anos oitenta do século pasado. Tal dogma cría que a crise actual se debía a un gasto público excesivo que afogara co seu peso á economía, privando de fondos e recursos ao sector privado imposibilitándoo a que actuase como motor da economía.
 LINGUA-Valetina Formoso-ProLingua
    Os pais de Xiana xa fixeron a preinscrición na escola infantil na que querían e os de Lois tamén. Estes xa asumiron que dificilmente o seu neno vai adquirir competencias en lingua galega durante os seus tres anos na educación infantil, é máis, seguramente perda a lingua que leva da casa, onde toda a familia é galegofalante agás a irmá que deixou de selo no segundo mes de escolarización no CEIP urbano ao que está adscrita a súa vivenda.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      ESCRACHE GOBERNAMENTAL

       
        ESTE "XUBILOUSE" CON 88 MILLÓNS, CON CANTO TE XUBILARÁS TI?

         
          A CIFRA DE MORTOS EN BANGLA DESH CHEGA A 1.114 - A AVARICIA SEN LÍMITE DO CAPITAL CONVÉRTENOS EN ESCRAVOS

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript