Maio de 2013
 
 

13/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  O LOBBY DA INDUSTRIA FARMACEÚTICA
 

As farmacéuticas paralizan a investigación dos fármacos que curan e promociona os que cronifican as enfermidades

O premio Nobel de Fisiología e Medicina de 1993, Richard J. Roberts, denunciou mediante unha entrevista publicada no xornal La Vanguardia, como as grandes corporacións farmacéuticas antepoñen os seus beneficios económicos á saúde da sociedade mediante a paralización de investigacións na cura de enfermidades, xa que o verdadeiramente rendible é a cronificación das devanditas patoloxías para así poder ter clientes perpetuos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Para Roberts "a saúde non pode ser un mercado máis nin pode entenderse tan só como un medio para gañar diñeiro". Pon como exemplo de mala praxe non seguir investigando sobre antibióticos que resultan demasiado efectivos e "curaban de todo". "Como non se desenvolveron novos antibióticos, os microorganismos infecciosos volvéronse resistentes e hoxe a tuberculose, que na miña nenez fora derrotada, está a rexurdir e matou este ano pasado a un millón de persoas".
 
Tamén sostén que as enfermidades localizadas no Terceiro Mundo non son investigadas, posto que os medicamentos que puidesen combatelas non serían rendibles, xa que poucas persoas poderían acceder a uns fármacos caros por custos de investigación e a demanda destes non sería tan rendible.
 
Afirma que os poderes políticos non interveñen porque "no noso sistema, os políticos son meros empregados dos grandes capitais, que invisten o necesario para que saian elixidos os seus rapaces e, se non saen, compran aos que son elixidos".
 
A industria farmacéutica é un dos lobbys máis influentes do mundo. Na Unión Europea factúrase por produción e venda de fármacos ao redor de 160.000 millóns de euros ao ano. Concretamente
no estado español a facturación anual rolda os 15.000 millóns de euros, segundo a patronal Farmaindustria.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript