Maio de 2013
 
 

13/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA, O FUTURO EN XOGO
 

Expertos da Generalitat propoñen prescindir da maioría de funcionarios

Se o goberno central (PP) recorre aos “expertos” para xustificar os recortes que ten aínda pendentes, o goberno catalán (CIU) nacionalista de dereitas non vai ser menos, eles tamén teñen expertos aos que xa lles indicaron as conclusións ás que teñen que chegar nos seus informes.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo aparece publicado no xornal El País, privatizaríase toda a administración pública excepto iso si, policías, inspectores e figuras de autoridade, o resto de empregados públicos serían laborais
 
Todo iso xustifícase en base a conseguir unha Administración máis "eficaz, eficiente, transparente e que renda máis contas", que considere o cidadán o seu cliente e que estea moito máis profesionalizada que agora.
 
Hai que espabilar!!. O futuro do noso traballo e do servizo que proporcionamos está en xogo.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript