Maio de 2013
 
 

13/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  EVASIÓN FISCAL
 

O 94% das grandes empresas do estado evade impostos en paraísos fiscais

Non está demais que, neste momento, cando tes que facer efectiva a túa obriga de cumprimentar a declaración da renda saibas que, coma a xeneralidade da cidadanía eres un primo, un pringado que cumpres cos deberes que che impón un sistema que, á súa vez prepara o camiño para que os que realmente teñen diñeiro non coticen nada.

 

  • Noticias relacionadas

 

O último informe do Observatorio de Responsabilidade Social Corporativa revela que a presenza das grandes empresas españolas en paraísos fiscais incrementouse un 60 por cento dende o ano 2009. A maioría suspende en cuestións de transparencia e de respecto aos dereitos humanos.
 
O Banco Santander é quen encabeza a lista de empresas con maior número de sociedades en paraísos fiscais (72 en 2011, o dobre que en 2009), seguido de ACS (71), BBVA (43), Repsol YPF (43) e FCC (26), que na súa maior parte escollen como destino principal Delaware, en EUA (115), Holanda (85), Luxemburgo (30), Irlanda (29), Suíza (24) e Hong Kong (23), entre unha longa lista.
 
Estes ladróns, teñen aínda a suficiente cara para reclamar máis reformas e pedir un endurecemento da reforma laboral.
 
Evidénciase, na práctica, que quen goberna son eles.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript