Maio de 2013
 
 

13/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN. Cristina Fallarás
 

Novo comunicado de ETA

Ábrese o pano e aparecen tres individuos. Sábese que o son polo seu aspecto antropomorfo, e supónselles vascos pola boina. Polo demais, unha carapucha tápalles a cara.

 

  • Noticias relacionadas

 

En realidade non é unha carapucha senón máis ben un pano de raso branco de primeira comuñón no Corte Inglés. Séntanse tras unha mesa como de voda de pobo, con mantel tamén branco, e tras eles as consabidas serpe e machado, e a palabra ETA.
 
Carraspea o de diante:
 
- Euskadi ta Askatasuna, organización socialista revolucionaria vasca de liberación nacional, desexa mediante esta declaración dar a coñecer a súa decisión. ETA considera que o do aborto xa non lle cabe dentro. ETA declara que, tras acoller a toda a banda do 15 M, aos afectados pola hipoteca, a Ada Colau en persoa, a varios médicos da sanidade pública
rama marea verde, aos anarquistas mencionados na SER, a Willy Toledo e Jorge Vestrynge, ao irmán do ministro Wert, ao Gran Wyoming e a Jordi Évole, aos do 25 S e os do 25 A, a un grupo sen determinar dos da "mobilidade exterior", e á espera de que lles envíen ao xuíz Castro, non pensa cargar tamén co aborto do ministro Jorge Fernández Díaz.
 
ETA, pola súa banda, seguirá traballando para ampliar o seu seo e dar cabida a todo o que chame á súa porta sen faltar ao respecto á Igrexa católica, porque Euskal Herria merece e necesita a paz e a liberdade, pero todo ten un límite. GORA EUSKAL HERRIA ASKATUTA! GORA EUSKAL HERRIA SOZIALISTA! JO TA KE INDEPENDENTZIA ETA SOZIALISMOA LORTU ARTE!

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript