Maio de 2013
 
 

13/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reunión da Comisión Electoral Central

Convocouse reunión da Comisión Electoral Central para o pasado venres, a reunión tiña como punto da orde do día a análise da circular sobre a representación do PAS nos órganos colexiados de centros e departamentos como consecuencia da nova RPT.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na circular vense a dicir que a redistribución do PAS, sobre todo en administracións leva á perda da condición de representante na xunta de centro ou, no caso dos departamentos a perda de condición de membros natos do departamento.
 
Establece que, no caso das xuntas de centro, corresponde cubrir a vacante co seguinte candidato non electo, de non existir ese candidato o posto quedará sen cubrir até as novas eleccións.
 
Os traballadores e traballadoras asignados ás UXAI ao non pertencer a ningún centro en concreto dáselles a mesma consideración que aos traballadores e traballadoras dos servizos centrais (non son elixibles nin elixen en ningún centro)
 
As traballadoras e traballadores que prestan servizo nas UDAI, adscritos funcionalmente a centros, deberán agarda ao seguinte proceso electoral para poder integrarse nos censos electorais.
 
Finalmente a reunión non puido levarse a efecto por falta de quorum  trasladándose ao luns día 13.
 
Rexeitamos de plano esta proposta. A reorganización plasmada na RPT de PAS, aínda que acordada co órgano de representación das traballadoras e traballadores, realizouse a instancia do equipo de goberno da Universidade, non podemos permitir que iso implique unha diminución da representatividade real do colectivo (representatividade xa bastante pequena por certo).
 
Entendemos que diante dunha situación extraordinaria teñen que habilitarse solucións extraordinarias. Non se pode crear o problema (reorganización de efectivos, insistimos,  presentada pola institución na RPT) e, despois, unha vez conseguido o obxectivo, aínda por riba, reclamar unha “legalidade” que prexudica á outra parte, neste caso ao PAS
 
Si se tiña pensado habilitar medidas desta índole deberían de valorarse na mesa negociadora á que se levou a RPT para, dese xeito, ter unha visión global das súas consecuencias.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript