Maio de 2013
 
 

13/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  AMIGOS PARA SEMPRE
 

O Supremo ditamina que a banca non pague nin un euro polas cláusulas abusivas

A sentenza, que crea xurisprudencia, declara á súa vez, legais pero abusivas as denominadas cláusulas chan e teito. Difícil de entender para os mortais esa determinación, seguro que no ámbito xurídico terá fundamento.

 

  • Noticias relacionadas

 

Boas noticias para o sector financeiro e malas para os que contan cunha cláusula chan ou teito no seu contrato hipotecario. O Tribunal Supremo ditou sentenza e creou xurisprudencia ao condenar a BBVA, Cajamar e NCG a eliminar estas cláusulas daqueles contratos que motivaron a devandita sentenza. O Alto Tribunal declara que a sentenza non ten carácter retroactivo sobre situacións ou contratos que xa xulgados e tampouco obrigará as entidades a restituír as cantidades xa pagadas.

 
OCU, artigo publicado sobre esta sentenza

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript