Maio de 2013
 
 

13/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

80.000 estudantes marchan en Chile por unha educación pública e de calidade

A reivindicación dun ensino público e de calidade non é exclusivo do estado español, en Chile intentan recuperar o perdido en anos de ditadura.

 

  • Noticias relacionadas

 

A policía chilena reprimiu con bombas lacrimóxenas e chorros de auga estudantes universitarios e de secundaria que marcharon este mércores polas principais rúas de Santiago, para protestar contra a decisión do Ministerio de Educación de deixar a máis de 2.700 estudantes sen bolsas e créditos de educación superior.
 
O percorrido desenvolveuse con normalidade ata o Parque Los Reyes, onde estaba instalado o escenario para o acto de final da marcha. Non obstante nun punto da marcha a policía utilizou a forza para dispersar a manifestación. Os estudantes responderon á represión policial con pedras e paus.
 
A Confederación de Estudantes de Chile (Confech) afirmou que a mobilización contou coa presenza dunhas 80.000 persoas. Na manifestación participaron alumnos secundarios agrupados na Coordinadora Nacional Estudantes Secundarios (Cones) e a Asemblea Coordinadora de Estudantes Secundarios (ACES), máis profesores e outras organizacións.
 
Os dirixentes da Confech fixeron un chamado ao Presidente Sebastián Piñera a que o seu discurso presidencial "sexa honesto". Quédanlle 13 días para o seu discurso presidencial esperemos que sexa honesto e que dun xiro en educación e de que unha vez por todas, escoite á maioría que está a esixir que avancemos cara a unha educación de calidade e gratuíta", indicaron.
 
Ademais de na capital, tamén se levaron a cabo protestas en Valparaíso, Antofagasta, Talca e Temuco.
 
A concentración prodúcese días antes da memoria e conta do Presidente Sebastián Piñera no Congreso Nacional, e para os estudantes "pode converterse na última oportunidade para que o Xefe de Estado dea un xiro na súa xestión en educación", expresaron dirixentes da Federación de Estudantes da Universidade de Chile (Feuc).
 
Telesur / La Tercera

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript