Maio de 2013
 
 

13/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  MOVEMENTOS SOCIAIS - ESTREMADURA
 

Campamentos Dignidade

En Estremadura cobran forza os Campamentos Dignidade, as súas demandas son unha Renda Básica, a creación de 25.000 postos de emprego público e a paralización inmediata de todos os desafiuzamentos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na tarde do venres daba comezo a asemblea que decidiría finalmente o comezo do terceiro Campamento Dignidade de Extremadura, na cidade de Almendralejo, e o lugar elixido foi as inmediacións do Servizo Estremeño de Emprego (Sexpe).Pouco despois comezaba outra asemblea na cidade veciña de Badaxoz, preto do lugar elixido para outro campamento, o Sexpe da barriada da Paz. Durante o seu transcurso, efectivos policiais ameazaron con multar as persoas presentes, pero finalmente a asemblea transcorreu con normalidade.
 
Con este xa son catro os campamentos Dignidade estremeños. O de Badaxoz en concreto estaba conformado polos colectivos da PAH, a Plataforma pola Renda Básica e outros colectivos.
 
Entre 25 e 30 persoas comezaban a montar a primeira tenda de campaña arredor das dez da noite do venres en Badaxoz, cidade, que xa amencera cun escrache ao presidente de Extremadura, José Antonio Monago.
 
A acampada de Badaxoz contou coa presenza de membros dos campamentos irmáns de Mérida e Plasencia. E esperaban a chegada de máis membros ao longo da xornada do sábado. Algúns membros da Plataforma pola Renda Básica afirman permaneceron na acampada ata a votación da Lei pola Renda Básica.
 
Mentres, en Almendralejo, outras 30 persoas reuníronse ás portas do Concello, accedendo ata o salón de plenos. Alí celebraron unha asemblea que durou ata as 19,30h, hora fixada como prazo por parte do alcalde da localidade, José García Lobato, para que abandonasen o edificio antes de proceder ao seu desaloxo. Entre os colectivos que participaron na asemblea de Almendralejo estaban a Plataforma de Traballadores do Almendralejo, a Fronte Cívica e a Plataforma pola Renda Básica.
 
Media hora despois de abandonar a Casa do concello, os colectivos montaron a primeira tenda de campaña en Almendralejo, tamén ás portas do Sexpe. A media noite xa eran seis as tendas de campaña.
 
"A xornada foi positiva porque seguimos expandindo os campamentos por Extremadura, non nos fixamos unha permanencia concreta xa que seguiremos ata que se solucione a crise social e política de Extremadura", afirma Rafa González, un dos membros da acampada de Mérida que se trasladou ata Almendralejo dar soporte á nova acampada.
 
As novas acampadas, ao igual que as outras dúas, nacen da calor das loitas da Plataforma pola ILP da Renda Básica na que se aglutinan diferentes colectivos e que xa reuniron 27.000 firmas en apoio ás súas demandas.
 
diagonalperiodico.net.- Raquel Perianes

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript