Maio de 2013
 
 

13/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  MENTRES O PP DESAFIÚZA A ILP NO SENADO
 

A PAH consegue facer efectiva a ILP na rúa fronte ao SAREB

Un auto histórico dá unha labazada ao SAREB e denega o desaloxo preventivo dun bloque recuperado pola PAH

 

  • Noticias relacionadas

 

No marco da campaña de "Obra Social da PAH", a Plataforma liberou ata a data 8 bloques de pisos baleiros que estaban en mans de entidades financeiras para realoxar familias desafiuzadas e garantir así o dereito á vivenda dos cidadáns. Un dos bloques recuperados por PAH Sabadell pertencía ao SAREB, comunmente coñecido como Banco Malo. Dende un primeiro momento PAH Sabadell intentou negociar co banco malo un aluguer social para as familias. Non obstante a resposta do SAREB, participado en gran parte con diñeiro público, foi taxativa: solicitar ao xuíz o desaloxo inmediato do inmoble. Isto facíao mentres declaraba nos medios que non ía desaloxar a ningunha familia e que negociaría en todos os casos como este. Hoxe mesmo o SAREB estaba citado a declarar.
 
Pois ben, o Xulgado de Instrución n.º 4 de Sabadell deu a coñecer o auto. Un auto que supón unha lombeirada ás reivindicacións históricas da PAH, arquiva a causa e recórdalle ao SAREB que:
 
1) O dereito á propiedade privada está limitado pola súa función social segundo establece o artigo 33.2 da C.E.
 
2) Que o SAREB desistiu da función social das vivendas: Non realizou ningunha actividade para darlle un uso ao edificio, nin por recuperar a posesión deste máis alá da denuncia.
 
3) Non se produce ningún prexuízo para o Banco Malo, e si en cambio para a familia que ten o seu domicilio familiar na vivenda e que non dispón de ingresos tal e como quedou probado co informe emitido por servizos sociais.
 
Recordamos ademais que o martes 8 de Marzo, o Partido Popular decidiu, como xa fixo semanas atrás no Congreso, pasar o rolo da súa maioría absoluta polo Senado para aprobar unha lei inútil que nada ten que ver coa ILP pola dación en pagamento retroactiva, a moratoria de desafiuzamentos e o aluguer social avalada por case un millón e medio de firmas e que conta cun respaldo social incontestable.
 
Hai unha semana a PAH decidiu retirar simbolicamente a ILP do Congreso, para seguir defendéndoa punto por punto e sen rebaixas de ningún tipo na rúa e nos xulgados. Se o Partido Popular se prega de novo ante os intereses dunha Banca Criminal, terá que ser a cidadanía a que continúe tutelando os dereitos fundamentais.
 
Auto para descargar documento 1, documento 2, documento 3.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript