Maio de 2013
 
 

06/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  ATTAC - Francisco Delgado Morales
 

O triunfo da contrarrevolución conservadora

Non paran. Levan dende os anos 70 con iso e nos últimos anos, ao carecer de inimigo ideolóxico antagónico, de forma radical, rápida e sen miramentos. Refírome aos neocons e a súa contrarrevolución conservadora.

 

  • Noticias relacionadas

 

Estes liberais amantes do mercado no económico (polo menos en teoría) e conservadores nos valores morais (relixiosos máis ben) levan loitando máis de 40 anos contra o Estado de Benestar e parece que, por fin, o conseguiron.
 
Foron Margaret Thatcher e Ronald Reagan os que lograron impoñer uns principios económicos, que teñen máis de dogma que de teoría, que rexeron as actuacións dos Gobernos nas democracias occidentais nas últimas décadas. Estas prácticas xeneralizáronse tras a caída do muro de Berlín e o proceso de moeda única europea. Privatizacións das empresas públicas, globalización das transferencias financeiras, deslocalización produtiva, xestión fronte á política, control de déficit público...son cuestións que foron calando na sociedade xa que viñeron acompañadas de certos mantras que foron repetidos ata a saciedade e que as xustifican, non sendo por iso precisamente verdade: A xestión privada é máis eficiente e eficaz que a pública e polo tanto menos custosa. Non hai que ser nin de esquerdas nin de dereitas senón que non administrar racionalmente os recursos. A flexibilización do mercado de traballo mellora a competitividade (traballar máis en peores condicións por menores soldos). A culpabilización da cidadanía con afirmacións do tipo fíxose uso e abuso das políticas sociais"
 
A repetición destes e outros mantras, así como entender a democracia como algo predefinido nun espazo que todo o que se saia de aí é cualificado de antisistema e polo tanto "perigoso", son cuestións que describen un marco social e político estático que favorece os intereses dos verdadeiros poderes económicos e financeiros que o definiron.
 
A iso debe engadirse o importante labor de desinformación realizado por uns mass media preocupados de lanzar as consignas dos grupos económicos e políticos aos que renden obediencia vulnerando todos os fundamentos do código deontolóxico sobre os que ten que rexer o labor do xornalista. Día tras día vemos como en xornais, televisións, radios, tertulianos de toda condición non paran de repetir os mantras do poder: "vivimos por enriba das nosas posibilidades" ou xustificar os "axustes e reformas" (recortes) porque "son necesarios", a solución son os "axustes" ou a pobreza extrema...etc. Consígana é que só existe un xeito de facer as cousas, unha posible solución e todo o demais pon en perigo o democracia, o benestar e a paz social.
 
Pero o círculo non sería perfecto se, aproveitando a situación de crise, non se realizase unha transformación dos valores sociais. Ao igual que, por poñer un exemplo, desmantelan a sanidade pública para "aforrar", este tipo de medidas provocarían un rexeitamento inmediato que as paralizaría se non fosen acompañadas da obrigada aceptación dos principios liberais que as xustifican. Séntense seguros da súa suposta supremacía moral, cren ter gañado a batalla das ideas ante unha esquerda cohibida que non encontra o seu discurso. Pasaron de propugnar valores como a redistribución da riqueza, a solidariedade ou a xustiza social ao "sálvese quen poida, se ud non pode pagarse a sanidade é o seu problema e eu non vou custearlla. Porque baixo a escusa dese mantra neoliberal do déficit desenvólvese todo un programa de cambios cuxo único denominador común é unha recalcitrante ideoloxía conservadora. No caso de España, refírome a temas como o aborto, a reforma da materia de educación para a cidadanía, a postura que mantén o Goberno sobre matrimonio igualitario ou a educación concertada relixiosa por poñer exemplos dun longo etcétera que o único que ocultan é unha preeminencia dos valores católicos na esfera pública, a volta da muller ao papel de hai 50 anos e unha visión anacronicamente clasista e inxusta dunha sociedade submisa, insolidaria e sen capacidade crítica.
 
Todo iso levou a que defender posturas de reformas reais do sistema, de políticas de cambio solicitando medidas económicas de demanda expansiva, unha xusta progresividade fiscal, maior participación cidadá na toma de decisións e a democracia, garantir certos dereitos constitucionais ou, simplemente, recuperar a función social da propiedade privada consagrada na propia constitución sexan consideradas radicais antisistema. É certo que todo é relativo pero o que hoxe se considera antisistema, isto é, ser keynesiano de profundas conviccións demócratas, nin sequera direi socialista ou comunista, nos anos sesenta estaría nalgún país case na dereita de calquera partido de...derechas!
 
E é que foron pouco a pouco, pero eficazmente, realizando unha contrarrevolución conservadora, estreitando tanto os límites do sistema que practicamente xa queda pouca cabida para aquilo que non sexan os valores que os noecons defenden. Sempre foi así. Tras calquera cambio ao que se opoñen, adáptanse, fanse co poder e transforman a realidade para deixala no estado anterior con nova aparencia. En España temos excelentes casos na historia. Sen ir máis lonxe os mesmos que estaban nas elites franquistas nos 70 ´ s son os que se opoñían á democracia, os que logo se abstiveron na votación da Constitución e os que hoxe se autoproclaman principais garantes, volvendo opoñerse ao progreso social e democrático que reclama boa parte da cidadanía.
 
Impóñennos un sistema coma se fose unha lei natural, ineludible cando o que realmente se esconde tras el é un réxime de explotación que beneficia ao sector que eles defenden. Visto así é doado. Explotadores e explotados. Pero non é así. A súa gran vitoria foi que os explotados fixesen propios os seus valores e facelos crer que viven en liberdade, nun sistema democrático inmellorable e todo o que non sexa así será ir contra os seus propios intereses e o caos máis absoluto. Á fin e ao cabo, a persuasión e a sutileza poden ser eficaces pero xa se sabe que nunha sociedade capitalista en última instancia non existe maior instrumento disciplinario e de control social que o medo. O medo ao poder e o medo á liberdade.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript