Maio de 2013
 
 

06/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNHA TRAIZÓN MÁIS
 

Os sindicatos estatais maioritarios queren un novo pacto social

O primeiro de maio, un día de loita e reivindicación, os sindicatos estatais maioritarios aproveitaron a ocasión para reclamar un novo pacto social, esta vez coa escusa do elevado número de parados e paradas.

 

  • Noticias relacionadas

Con máis de seis millóns de paradas e parados qué posibilidade de pacto se pode realizar. Até onde se baixarán os pantalóns e nolos baixarán ao resto da clase traballadora?.
 
A historia dos pactos son un continua goteo de cesións por parte dos sindicatos do sistema, todos serviron para fortalecer as posicións máis neoliberais. As concesións destes sindicatos deixaron sen resposta a infinidade de agresións que, desde a transición, ven padecendo a clase obreira estatal e nacional.
 
Unha vez máis corren a axeonllarse diante dos que son os seus patróns para, a cambio dunhas migallas, ofrecerlles o sacrificio dos intereses de clase de millóns de traballadores e traballadoras.
 
Cómo se pode chamar ao pacto, como se pode asinar algo cuns ladróns que rouban descaradamente á cidadanía ríndoselle á cara. Estes sindicatos formaron parte da ILP hipotecaria, están presentes nas mareas contra os recortes en educación, sanidade… Estiveron xogando cos intereses da xente para vender máis caro o pacto?. Cantas moedas recibirán a cambio?. A canto se cotiza a traizón?
 
Con esta actitude, con esta proposta, demostran que forman parte da gran estafa. Non lles perdoamos as traizóns anteriores, tampouco lles perdoaremos esta.
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript