Maio de 2013
 
 

06/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  GREENPEACE
 

"Terror na costa", unha peli de medo

Dos creadores de "Comer iogures caducados" e "Ducharse con auga fría", chega agora "Terror na Costa", un docu-drama sobre o litoral do estado español tras a aplicación da nova Lei de Costas...

 

  • Noticias relacionadas

 

O guión orixinal publicouse no Boletín Oficial do Senado. Son só 44 páxinas, pero dende as primeiras liñas unha xa intúe que se trata dunha película mala, con erros de base que abocan ao fracaso máis estrepitoso...
 
Na exposición de motivos dise que se reforma a Lei para dar seguridade xurídica, pero non se di nada de canto custarán as indemnizacións a todos os que durante 25 anos cumpriron a Lei, porque van chover as demandas e, de gañarse, o diñeiro destas sairá dos nosos impostos.
 
Fálase tamén de manter a integridade do dominio público marítimo-terrestre, pero ao final do guión vemos os planos de 12 núcleos afortunados, que, por arte de birlibirloque deixarán de selo, unha "solución singular" chamárono. Dende logo, os gañadores desta quiniela, deben considerarse non só singulares, senón tamén moi afortunados.
 
O primeiro guión nin mencionaba as consecuencias do cambio climático na costa, debeu pensar o autor que ninguén ía decatarse de que a suba do nivel do mar ía afectar á costa... A metida de pata era tan tremenda que decidiron emendalo, pero nin así lles saíu, porque na versión revisada, só se fala de facer un "diagnóstico" e de "unha serie de medidas", pero non se concreta nada máis. Xa avisei, o guión fai augas dende o principio...
 
Abunda o texto na protección da costa e das praias como obxectivo fundamental da reforma, pero ao mesmo tempo, e coma se non fose incompatible, autorízanse as festas nas praias. Xa postos a desprotexer, facémolo a conciencia! ", deberon pensar...
 
E que chegue ata a páxina 5 encontrarase co bombazo da trama desta película de terror: redúcese o ancho de costa protexido de 100 a 20 metros en todos os núcleos de poboación que aínda que non estivesen declarados como urbanos cando se aprobou a Lei en 1988, tivesen "características propias del" e por se fose pouco a afección que isto vai ter sobre as praias, esténdeno tamén aos ríos afectados polas mareas.
 
Imos, a fórmula clásica para unha película de praia: ladrillos, ladrillos e máis ladrillos. Mala e terrorífica, xa lles digo....
 
María José Caballero @mjocaballero, directora de Campañas de GREENPEACE

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript