Maio de 2013
 
 

06/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE
 

O goberno deixa case 900.000 inmigrantes sen tarxeta sanitaria

É a primeira vez que se recoñece oficialmente a cifra de persoas que quedan sen atención médica tras o decretazo sanitario de hai un ano

 

  • Noticias relacionadas

 

Ata agora, todos os gobernos se mantiveran remisos a dar a coñecer a cifra de inmigrantes en situación administrativa irregular que vivían no noso país. Tivo que ser nun documento sobre os próximos recortes, enviado a Bruxelas, onde se constata oficialmente que "873.000 tarxetas de estranxeiros residentes en España (foron) dadas de baixa". No chamado programa Nacional de Reformas de España 2013 o executivo o Goberno de Rajoy presume de que o impacto do Real Decreto- lei 16/2012, do 20 de abril de 2012, deixou esta cifra de persoas fóra do sistema sanitario público, é dicir case o 20% da poboación inmigrante residente en España queda sen atención.
 
É a primeira vez que un goberno ofrece unha cifra de emigrantes que quedan fóra do sistema, ben porque carecen dos permisos de residencia ou dos requisitos para ser atendidos na sanidade pública. 873.000 persoas sen atención médica "supón deixar case o 20% da poboación inmigrante residente en España en desamparo. Unha cifra escandalosa" segundo Rafa Sotoca de Médicos del Mundo unha das organizacións máis activas na oposición a esta medida que chegaron a denominar "apartheid sanitario" en España.
 
"Case un 20% da poboación inmigrante residente en España non ten cobertura sanitaria, nen dereito a ir a un centro de saúde e ser atendido, polo menos sen que lle cobren por iso. É unha taxa similar á que podemos encontrar en países cuxo modelo ou sistema sanitario nunca foron un modelo a seguir como é o caso de EUA onde hoxe en día hai 40 millóns de persoas que ao carecer dese seguro público enfróntanse ao medo a que unha enfermidade catastrófica lles arruíne a vida ou non poidan afrontar os custos da súa enfermidade" denunciou Sotoca.
 
Esta ONG insiste en que se está a condenar á porta de atrás do sistema a miles de persoas que por medo a que lles cobren a atención están a quedar sen os coidados que necesitan.
 
Aos que non teñen diñeiro tamén se lles expulsa da sanidade pública
 
ÚLTIMA HORA. Un indixente morre na rúa en Compostela despois de que o 061 non o quixera internar

 
A Sanidade valenciana retira unha prótese de 152 euros a un mozo que non podía pagala



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript