Maio de 2013
 
 

06/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  ESCRAVITUDE
 

A roupa que viña con manchas de sangue

Moitas das camisetas de 5,95 euros que locen nos escaparates de occidente saen de fábricas ás que pode chegar a morte en calquera momento. Esas gangas nacen en edificios ruinosos, fábricas sen as mínimas medidas de seguridade e xornadas de traballo eternas a cambio de soldos miserables.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nos talleres que se derrubaron esta semana en Bangla Desh había etiquetas Del corte Inglés e Mango, entre outras coñecidas firmas. Hai moitas pezas das grandes marcas que están manchadas de sangue. Pero é sangue afastado e algo máis escuro que o de occidente.
 
Este mércores, un edificio chamado Rana Plaza caeuse na cidade de Dacca, Bangla Desh, onde se pecharon máis de 300 vidas, ademais de centos de persoas que quedaron baixo os entullos.
 
Decenas destas persoas son as que coseron pezas para El Corte Inglés, Mango e outras coñecidas empresas de roupa que non se preocupan das condicións de traballo, senón só do prezo ao que lle sae cada camiseta.
 
Miles de traballadores téxtiles saíron ás rúas de Bangla Desh para protestar polas súas condicións de traballo nun sector básico para a economía do país.
 
Distintas ONG occidentais batallan dende hai anos con grandes e coñecidas empresas téxtiles para que asuman responsabilidades e se impliquen na mellora das condicións de traballo nestes talleres.
 
Ademais Del corte Inglés e Mango, as roupas que saían do edificio Rana Plaza enchían as tendas da británica Primark, a canadense Loblaw e a danesa Group PWT, entre outras.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript