Maio de 2013
 
 

06/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  MÁIS RECORTES
 

O goberno planea a redución de 12.000 millóns na AP

Fai uns días que Esperanza Aguirre deu o primeiro toque de atención sobre esta posibilidade reclamándolle a Rajoy que cumprise o programa electoral e que procedese ao “adelgazamento” da administración (non deixa de ser paradoxal que despois dos reiterados incumprimentos das promesas, menos impostos, máis emprego…, agora eles mesmos reclamen o cumprimento do “programa” cando isto representa máis recortes).

 

  • Noticias relacionadas

 

A resposta non se fixo agardar e os persoeiros do PP(González Pons…) saíron aos medios de comunicación dicindo que iso non se ía facer. Aos poucos días, non obstante, a prensa publica que as verdadeiras intencións do executivo pasan por reducir o gasto na administración pública en 12.000 millóns de euros. Unha redución desa magnitude sen dúbida significará despedimentos, reducións de plantillas e redución de salarios..
 
Somos conscentes de que si non actuamos o PP procederá a executar esta e outras decisións que, de momento, non publica. O PP quere acabar coa administración pública tal e como a coñecemos, queren privatizar todo o que poida significar un negocio para os seus amigos ou para eles mesmos.
 
Téñeno todo preparado, a crise é a súa coartada. Se non reaccionas, se non te mobilizas será cómplice da súa política. Ti decides.
 
O día 9 todos/as á rúa. Folga xeral na educación pública.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript