Maio de 2013
 
 

06/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  ESCRACHES
 

O PP non quere oír falar dos escraches

Primeiro prohibiu a palabra nos informes policiais, agora, partindo da base de que son violentos, presionan ao Presidente do Tribunal Supremo para que condene os escraches, despois Soraya manifesta que non lle gustan os escraches, e moito menos que os airee a prensa, queren xudicializalos e silencialos (se non se fala deles non existen).

 

  • Noticias relacionadas

Nunha reunión informal con xornalistas, o vicepresidente do Goberno deixou caer que os medios de comunicación deberían dar menos importancia a estas convocatorias.
 
E, para iso, nada mellor que non enviar a ninguén para que cubra estas cousas. Se os directores dos xornais e as televisións non enviasen aos seus xornalistas a cubrir os escraches, terían ningún eco mediático e, polo tanto, as convocatorias fracasarían, razoou Soraya.
 
Houbo quen lle respondeu timidamente con aquilo da liberdade de expresión, pero parece que ningún xornalista lle recordou que iso era propio de ditaduras. Hoxe é o Día da Liberdade de Prensa, pero moitos medios supeditan esa liberdade ao que mande o poder.
 
A censura informativa funciona. o pasado sábado STOP Desafiuzamentos Coruña, convocou un escrache irónico contra o desafiuzador do mes, neste caso dirixímonos á vivenda oficial de Antonio Erias Rey, deputado no Congreso polo Partido Popular.
 
Os/as participantes vestidas/os ao mellor estilo pepero berraron, no idioma do imperio, consignas de xeito satírico a favor e en honor do homenaxeado ao que agradeceron, de xeito sarcástico que, coas súas 5 vivendas, 16 fincas e 3 prazas de garaxe non teña piedade cos cidadáns que sofrindo as políticas laborais do seu partido non teñen diñeiro para pagar a hipoteca o que provoca o desafiuzamento. "Agradeceron", tamén,  que o propio partido (PP) se negue a revisar a lei hipotecaria, desatendendo o millón e medio de sinaturas que reclaman a dación en pagamento de xeito retroactivo.
 



 
Para "homenaxear" a un facha non faltaron os saúdos facha.
 




CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript