Maio de 2013
 
 

06/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

Portugal impón despedimento de funcionarios, recortes de pensións e máis horas de traballo

O Goberno de Portugal anunciou este venres novos recortes sociais que inclúen o despedimento de 30.000 funcionarios, recortar as pensións, atrasar un ano a xubilación e ampliar, de 35 a 40, as horas semanais de traballo nos empregados públicos.

 

  • Noticias relacionadas

 

 O primeiro ministro luso Pedro Passos Coelho explicou o novo paquetazo neoliberal nunha alocución ao país na que cifrou en 4.800 millóns de euros os recortes que se producirán ata 2015 para acontentar á chamada Troika, conformada polo Banco Central Europeo (BCE), o Fondo Monetario Internacional (FMI) e a Comisión Europea (CE).
 
Passos Coelho indicou que se ben a idade legal de xubilación continuará sendo de 65 anos, matizou que para recibir a pensión completa, os traballadores do sector público e privado terán que traballar ata os 66 anos. Ademais, os funcionarios deberán traballar 5 horas semanais máis, o que significará que pasarán das 35 ás 40 horas traballadas á semana.
 
Movementos sociais, sindicatos e partidos de esquerda acusan a Passos Coelho de atentar contra os intereses da clase traballadora lusa que está a ver como día tras día se deterioran as súas condicións de vida e pérdense dereitos laborais logrados durante décadas. Ademais, advirten que os Gobernos neoliberais e a Troika usan a débeda como mecanismo de chantaxe e sometemento dos pobos, ofrecendo préstamos millonarios que escravizan por xeracións aos países do sur de Europa e que rematan coa súa soberanía nacional.
 
LibreRed

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript