Maio de 2013
 
 

06/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - Isaac Rosa
 

Algo mellor que queimar Bankia

O pitorreo de Bankia está a chegar a uns niveis, o raro é que que ninguén colla o bidón de gasolina e o chisqueiro e se presente na sucursal máis próxima.

 

  • Noticias relacionadas

 

Despois de todo o que se nos meado xa enriba (burato negro, desmantelamento das caixas, rescate, preferentes, saída a Bolsa, desafiuzamentos, pisos baleiros, impunidade, indemnizacións millonarias...), agora tamén a broma da recapitalización.
 
As accións de Bankia levan toda a semana en plan montaña rusa, grazas ao retorcido plan de recapitalización. E o xogo de casino está a servir para que os especuladores de costume enchan os seus petos. Detrás das flutuacións toleadas das accións, que o mesmo soben un 700% que converten á ruinosa entidade na máis valiosa de España, hai unha actividade especuladora  dun frenesí poucas veces visto. É dicir, por se se riran pouco de nós, agora tamén llelo poñemos a ovo aos trileiros para que sigan enchendo a bolsa.
 
Xa digo, entran ganas de pegarlle lume a algunha oficina, pero non llo recomendo. Á parte de non servir para nada, enriba os danos teriámolos que pagar tamén nós, que para iso Bankia é nosa: para pagar os danos, sen ter a cambio ningún beneficio por ser donos dun banco. Ademais, iso é o que lles gustaría aos da porra, que necesitan algún incendio para a súa estratexia de criminalización.
 
Pero sobre todo, hai formas mellores de protestar, que descolocan moito máis os da porra que un incendio. Xa escribín, a conta dos escraches, sobre como a intelixencia colectiva desborda a necidade orgánica do poder. E o mellor exemplo é a PAH, que por certo onte fixo algo máis eficaz que queimar sucursais: ocupounas.
 
Maio promete ser un mes onde a intelixencia colectiva e a imaxinación subversiva quebren a cintura de granito do sistema unhas cantas veces. O aniversario do 15-M vén cargado de convocatorias, e entre elas, unha que poñerá máis nerviosos ao Goberno e aos responsables do banco que calquera bidón de gasolina: o Toque a Bankia  do próximo xoves 9.
 
Trátase dunha convocatoria para que ese día os donos de Bankia (é dicir, nós) entremos na sucursal máis próxima, non para pegarlle lume, senón para entorpecer o seu funcionamento todo o día ata a bloquear. Sen romper nada, sen violencia, todo moi nazi: actualizar a libreta, solicitar información de produtos, pedir a folla de reclamacións, preguntar polos desafiuzamentos e as preferentes, cambiar diñeiro, desmaiarse ou o que se lles ocorra, que a imaxinación, canto máis libre máis subversiva. Cansinismo, chámano. Unha acción pacífica e cun punto de humor, que abre a protesta a moita máis xente, e na que participan a PAH, o 15-M, os yayoflautas e moitos outros colectivos.
 
É interesante tamén a forma de poñelo de pé: mediante unha ferramenta web que descentraliza a acción e pon en contacto a xente mediante foros de cada oficina para que sexan autónomos en decidir como será o seu Toque a Bankia. O que abre unha vía de conexión e transmisión entre o activismo en rede e o activismo de rúa con moito potencial. De feito, pensan compartir o código da ferramenta, para que sirva en futuras accións.
 
Eu apunteime a dar un Toque na sucursal do meu barrio. Hai moito que non me regalan un calendario deses bonitos, e non saben o canso que podo chegar a ser. Van acabar regalándome o bidón de gasolina

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript