Maio de 2013
 
 

06/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  FSM - DECLARACIÓN INTERNACIONAL CON MOTIVO DO 1º DE MAIO
 

"Non seremos os escravos do Século XXI - Chicago mostrounos o camiño"

A FSM chama a todas as organizacións sindicais do mundo a organizar, con motivo do primeiro de maio de 2013, mitins e actividades en todos os países, en todos os continentes, en honor do Día Internacional das Traballadoras e dos Traballadores, e d@s mártires da clase obreira.

 

  • Noticias relacionadas

A FSM, sobre a base da súa resolución da reunión do Consello Presidencial do 7 e 8 de marzo de 2013 en Lima, Perú, propón o lema: "CHICAGO MOSTROU-NOS O CAMIÑO", que se debe utilizar xunto coas respectivas consignas de cada organización sindical.
 
O movemento sindical internacional ten a gran responsabilidade de protexer e defender o Día Internacional da Clase Obreira, fronte aos esforzos dos gobernos capitalistas, das patronais, doutras institucións e organizacións non gobernamentais, para eliminar este día ou alterar completamente o seu significado.
 
O Primeiro de Maio é para a clase obreira internacional un SÍMBOLO do valor insubstituíble que as traballadoras os traballadores desempeñamos na sociedade e na produción, dos importantes logros conseguidos historicamente, das vitorias da loita de clases, e de que todos os dereitos son o resultado de sanguentas loitas. Nada se nos regalou.
 
O Primeiro de Maio é un DÍA DE HOMENAXE E DE RECORDO dos mártires da clase obreira que se sacrificaron en Chicago (1886) coas folgas importantes e decisivas da clase obreira estadounidenses que reclamaban 8 horas de traballo, 8 horas de lecer, e 8 horas de descanso, así como a loita polo horario de traballo en moitos países de todo o mundo, antes e logo das folgas de Chicago, ao longo da historia até hoxe da loita de clases. Rendemos homenaxe ás mártires da clase obreira que foron asasinad@s, torturad@s, encarcelad@s e que foron vítimas de desaparición forzada, polos gobernos antipopulares e antiobreiros do Capital de todos os continentes.
 
O Primeiro de Maio é unha LECCIÓN PARA AS NOVAS XERACIÓNS, que inclúe os principios da clase obreira como, o Internacionalismo Proletario, a Unidade de Clase, o valor insubstituíble das loitas con Orientación de Clase.
 
O Primeiro de Maio é un día de acción, especialmente cando a clase obreira internacional reúnese nas rúas na loita contemporánea polos dereitos laborais e sociais. Polo dereito a traballar menos horas con salarios decentes, que era realista nos anos 80 do Século XIX, e que non pode ser irreal no progreso tecnolóxico do século XXI.
 
Hoxe, mentres o capitalismo atópase na súa profunda crise e expón todas as facetas do seu rostro bárbaro, brutal e desapiadado, confiscando todos os dereitos da clase obreira e dos sectores populares.

Hoxe, mentres a competencia entre os monopolios crea máis campos de batalla e novas intervencións imperialistas.
 
Hoxe, mentres a violencia de Estado, a represión das loitas sociais e laborais e a violación da liberdade sindical dexeneran no plano internacional.
 
MOVILICEMO-NOS!

  • Chicago ensinou o camiño!
  • NON á escravitude capitalista contemporánea!
  • Loitamos por un mundo sen explotación!
  • O primeiro de maio, a FSM expresa a súa solidariedade internacionalista cos pobos de Cuba, Palestina, Siria, Líbano, Malí, Colombia, Venezuela, etc.
O SECRETARIADO DA FSM

Páxina FSM



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript