Maio de 2013
 
 

06/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

9 de maio folga en todo o ensino

A LOMCE ou lei da WERTGOÑA é un ataque á educación pública, laica e de calidade, correspóndese en toda a súa terminoloxía cos postulados neoliberais que pretenden privatizar a educación converténdoa nunha mercadoría. Con esta contrarreforma o PP retrotrae a educación á época franquista, claramente condicionada ideolóxicamente polos principios da secta relixiosa Opus Dei. É un proxecto de lei españolizador e uniformizador, traslada as linguas nacionais do estado a un estatus meramente folclórico converténdoas nas cuartas no orde de prevalencia.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na universidade ten un efecto marcadamente clasista, incrementa dun xeito desmedido as taxas  impedindo o acceso á educación superior en igualdade de condicións. De aprobarse a capacidade económica do alumno/a será un condicionante definitivo para poder estudar unha “carreira”. Liquida, polo tanto,  a igualdade de oportunidades. A universidade é cada vez máis precaria en recursos e servizos.
 
Increméntanse os precios públicos sen que nin sequera se articule unha política de bolsas que reduza os efectos negativos da medida, pola contra redúcese o financiamento público facendo que se creen universidades de primeira, de segunda e de terceira.
 
Incrementará considerablemente as horas de docencia o que representará (vímolo na Universidade de Vigo), unha diminución do profesorado o que, á súa vez, terá consecuencias negativas na calidade do servizo que recibirá o alumnado.
 
Non podemos permitir que se aprobe este anteproxecto de lei que mercantiliza a educación, remata coa igualdade de oportunidades permite a segregación por sexo nas aulas, e é a punta de lanza de todo o que se está a preparar polo PP para rematar coas universidades públicas, se non nos organizamos e non opoñemos resistencia será moito máis fácil que nos colen a Lei de Universidades que están a preparar.
 
O día 9 de maio todas/os á folga!
A LOMCE, a Lei da WERTGOÑA, non pasará!!

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript