Maio de 2013
 
 

06/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo do Claustro do día 30

Despois da aprobación da acta da sesión anterior, o reitor fixo un resumo do informe de xestión correspondente ao ano 2012 (se non podedes acceder ao informe facédenolo saber para proceder á súa publicación.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na rolda de intervencións a representación da Escola de Deseño Industrial. Indicaron que a reorganización do PAS nas UXAI rexeitárase, no seu momento nas Xunta de Escola, transmitiuse o desacordo ao xerente sen ter ningunha resposta, agora entéranse pola prensa que se procedería ao cambio de ubicación do persoal e dos expedientes, avisan de que, nese momento, estábase a realizar unha concentración de repulsa no centro.
 
Xosé Portela
Funcionarización
, unha vez publicada a RPT corresponde levala a efecto, os movementos xa se están a producir no colectivo de PAS funcionario pero a incerteza continúa no colectivo laboral.
 
Reclamamos que se proceda de inmediato á execución do compromiso de funcionarización do colectivo de PAS laboral.
 
A Universidade optou, no seu momento, por precarizar a plantilla de traballadores e traballadoras en base ao establecemento de convenios, esencialmente coa Xunta de Galicia, a contratación destes traballadores fíxose en fraude de lei, os contratos de proxectos e os contratos realizados a traballadores/as da FUAC, incorrían na mesma fraude.
 
En reiteradas ocasións avisamos da ilegalidade na que se fundamentaba a contratación. A ilegalidade manifesta reflectiuse en sentenzas que obrigaban á institución a converter os contratos eventuais en indefinidos, en case todos os casos as sentenzas facultaban á Universidade a, mediante a indemnización pertinente, proceder ao despedimento do traballador/a, a última sentenza declara, non obstante, nulo o despedimento dunha compañeira.
 
Debido ás irregularidades cometidas a universidade vese, en época de vacas fracas, na obriga de facer fronte a importantes indemnizacións que implicarán  un duro golpe aos orzamentos da institución.
 
Requirimos á universidade a que solvente, dunha vez, as irregularidades que, no eido laboral, se veñen realizando.
 
Requirimos á institución remate co subemprego que existe na institución, incluíndo na relación anterior de irregularidades a contratación a través das ETT e da externalización de servizos.
 
Non pode deixar sen responder á intervencións que indicaban que a Xunta non subira as taxas nen descontara salarios aos traballadores.
 
Sobre o primeiro dicir que fai pouco saíron estatísticas indicando o importante número de alumnas e alumnos da UDC que teñen que deixar os estudos por non poder pagar a matrícula. Se continuamos por este camiño as titulacións non terán límite de alumnos porque moitos/as non poderán pagalos estudos.
 
A decisión da Xunta, de proceder ao recorte do 5% da masa salarial
das universidades,  reflectida nos orzamentos do ano 2013, significa un claro incumprimento do Plan de Financiamento das Universidades Públicas de Galicia.
 
Diante desta situación reclamamos que, ben individualmente ou colectivamente xunto coas outras universidades galegas, se opoña a este recorte e se proceda á denuncia xudicial que resolva esta situación.
 
Se a/as universidade/es non proceden do xeito indicado, reclamamos á institución que, de xeito inmediato, aclare en que conceptos se vai realizar o recorte e proceda a negociar cos órganos de representación o procedemento para realizalo.
 
Canto máis se tarde en aclarar a situación máis prexudicará aos traballadores/as.
 
Instamos á institución e á comunidade universitaria a rebelarse diante dos sucesivos recortes que prexudican, non só a salarios dos que nela traballamos senón, tamén, á calidade do servizo que prestamos.
 
Qué fará a institución?
 
Felipe:Fernández
No anterior Claustro falouse da negociación da RPT, non entende que agora os que reclaman de xeito permanente que se produzan as reformas, cando se efectúan tamén se posicionen en contra.
 
Fai un chamamento ao equipo reitoral a que se execute, de xeito áxil a RPT (funcionarización, convocatorias de prazas que faltan e procesos que quedan pendentes no colectivo de funcionarios)
 
Reitor:
O que se presenta é a memoria de xestión do ano 2012, a RPT aborda unha reforma que ten como finalidade incrementar a eficacia na xestión, no caso das UXAI tómase como base o nº de alumnos.

O 70 e moitos por cento do orzamento vaise no pago de salarios. O persoal foi o prioritario na xestión realizada.
 
Residencia universitaria: non existen conversas coa Consellería a este respecto. A Universidade rexeita a xestión privada da residencia. En Ferrol, debido ao retraso na cesión do cuartel Sánchez Aguilera, acórdase co concello unha solución transitoria
 
O Plan de Financiamento rexeitouse de xeito histórico por parte da UDC porque non tiña en conta os puntos fortes da institución. A UDC votou en contra pero, unha vez aprobado, estase executando e procedeuse á necesaria adaptación a dito plan. Os indicadores de 2012-2013 melloran a situación da UDC respecto do orzamento deste ano nun 3-4%.
 
A xunta xa desconta desde xaneiro o 5% da masa salarial. Se a Xunta é quen decide ese recorte a través dos orzamentos, a UDC require que sexa a propia Xunta a que determine como se vai realizar e pon outra condición, que se faga do mesmo xeito nas tres universidades.
 
O feito de non proceder ao desconto nas nóminas, orixina tensións na tesourería, se isto continúa do mesmo xeito haberá que tomar decisións (non hai débeda pero hai descompensación orzamentaria).
 
O proceso da funcionarización do PAS acordouse en xullo do ano pasado, a RPT aprobouse en xaneiro e publicouse recentemente, comézase a poñer en marcha os procesos. Recoñécese a colaboración das organizacións sindicais en todo o proceso negociador.
 
Aprobouse o informe de xestión do ano 2012, nós como sabedes votamos en contra dos  orzamentos anuais nos Consellos de Goberno. Mentres que exista subemprego na universidade, temos o compromiso de votar en contra da xestión realizada. Neste caso, e para non mesturar o noso voto co voto negativo que, sabiamos ía realizar a dereita, ausentámonos da votación.
 
Punto 3 .- Debate e aprobación, se proceder, do Documento Misión, Visión e Valores do Plano Estratéxico 2013-2020
 
Aprobouse por asentimento unánime o documento que vos xuntamos, despois de realizarse un cambio de dúas palabras.
 
VALORES
 
A UDC, no cumprimento das súas finalidades propias, e como institución pública, civil, autónoma, laica e inclusiva, rexerase polos seguintes valores e principios:
 
Qudando do seguinte xeito:
 
A UDC, no cumprimento das súas finalidades propias, e como institución pública, civil, autónoma,  inclusiva e laica, rexerase polos seguintes valores e principios:
 
A vicerreitora indica que a participación está aberta a todos os membros da comunidade universitaria que teñan algo que aportar á elaboración do plan. O reitor indica máis tarde, que para participar deste xeito compre que os/as interesados/as se poñan en contacto cos responsables dos grupos dos que vos informamos no resumo do Consello de Goberno..
 
Na rolda aberta de intervencións destacar que un dos presentes sinalou que a implantación de escritorios virtuais custará máis de 170.000€ en licenzas de software e pregunta porqué non se fixo con software libre.
 
Respostou o vicerreitor de Novas Tecnoloxías indicando que se probaran tres plataformas, unha delas de software libre pero que resultaba ser lenta e só daba cobertura a 1.000 usuarios. A plataforma seleccionada, máis rápida da soporte a 3.000 que son os usuarios que se prevén.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript