Maio de 2013
 
 

06/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  PUDUP - NA ENCRUCILLADA
 

Austeridade inversa

Austeridade inversa é aquela que nos leva a bater marcas de déficit e débeda do Estado (no 2012 a débeda pública española incrementouse de 736.438 millóns a 884.416 millóns de euros, un 16,7% segundo Eurostat).

 

  • Noticias relacionadas

 

Austeridade inversa consiste en recortar e afogar a economía produtiva para transferirlle os cartos á especulativa financeira. Austeridade inversa é aquela que recorta en educación e sanidade para rescatar a unha banca sen obrigarlle a que abra o crédito. Austeridade inversa consiste en despedir traballadores, prescindir da forza produtiva laboral de seis millóns de persoas para dirixilos á pobreza. Austeridade inversa é coa que se dificulta o acceso aos ben básicos mentres se incrementa o consumo e negocio dos de luxo. Austeridade inversa é aquela que se predica ao sol na cuberta dos iates de luxo por aqueles que practican a austeridade moral. Austeros, tamén, na intelixencia.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript