Maio de 2013
 
 

06/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  COMPARECENCIA DA PAH NO PARLAMENTO EUROPEO
 

A PAH denuncia en Europa a vulneración sistemática de dereitos humanos

A recente sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que ditaminou a ilegalidade da normativa española sobre desafiuzamentos; non obstante, o goberno segue obstinado en sobreprotexer os intereses das entidades financeiras e en vulnerar diaria e sistematicamente os Dereitos Humanos en cada desaloxo por causas económicas.

 

  • Noticias relacionadas

 

A sociedade civil hai anos que puxo enriba da mesa as solucións ao grave problema habitacional: dación en pagamento retroactiva, aluguer social e moratoria de desafiuzamentos. Millón e medio de firmas solicitadas na Iniciativa Lexislativa Popular esixen unha modificación inmediata que poñerá fin ao drama habitacional. Non obstante, o goberno do Partido Popular eliminou, co rexeitamento de todos os grupos parlamentarios, as demandas da iniciativa popular nunha nova norma que non vai resolver o drama dos desafiuzamentos e que antepón o beneficio da banca fronte ás necesidas básicas e fundamentais da poboación en situación de maior vulnerabilidade e que cada día está mais empobrecida.
 
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca chegaremos ata onde sexa necesario en defensa do Dereito á vivenda. Porque as demandas da ILP son máis necesarias e están máis vivas que nunca, porque hai literalmente vidas en xogo.
 
Si se pode!
 
Campaña de envío masivo de correos electrónicos aos senadores
 
Dende oiga.me, neste link, podes enviar a carta (máis abaixo) a todos os senadores do Partido Popular. Envía o teu correo electrónico e difunde a campaña.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript