Abril de 2013
 
 

29/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

Bangla Desh: Traballadores do téxtil rebélanse ante explotación de empresas occidentais

Os traballadores do sector téxtil en Bangla Desh protagonizaron este venres violentas protestas en distintos puntos do país despois de que a derruba dun edificio, no que había cinco fábricas de roupa, se cobrase xa a vida de 292 persoas e deixase máis dun millar de feridos, informan os medios locais.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os equipos de rescate seguen traballando contra o reloxo en busca de superviventes entre a montaña de entullos a que quedou reducido o mércores o Ra Praza, un edificio de nove plantas en Savar, localidade próxima a Dacca.
 
Ata mediodía conseguiron recuperar outros 34 cadavéres, o que eleva o balance a 292 falecidos, 241 dos que xa foron entregados ás súas familias, segundo informa o 'Daily Star', que cita a responsables do reconto de vítimas. Ademais, unhas 2.100 persoas conseguiron saír con vida da traxedia.
 
Entrementres, miles de traballadores do sector téxtil manifestáronse este venres en Dacca pola morte dos seus compañeiros na traxedia e para reclamar que se castigue os propietarios das fábricas para as que traballaban.
 
A Policía, tras inspeccionar o edificio, ordenou o seu peche pero o seu propietario, Sohel Rana, pediu a un enxeñeiro que realizase un informe favorable no que se aseguraba que o edificio era seguro que presentou aos cinco empresarios téxtiles que tiñan as súas fábricas neste. Dous deles ordenaron aos seus traballadores que fosen a traballar o mércores.
 
A protesta dos traballadores téxtiles cortou o tráfico nalgúns puntos da capital. Ademais, algúns deles, moi enfurecidos, atacaron un centenar de vehículos armados con paus e outros utensilios en distintas zonas, segundo o 'Daily Star'. Así mesmo, tamén se produciron algúns ataques puntuais contra fábricas de roupa.
 
Precisamente, na localidade de Gazipur, na provincia de Dacca, traballadores do sector téxtil prenderon lume a dúas fábricas de roupa, nas que os bombeiros tiveron problemas para chegar xa que os manifestantes bloquearan o tráfico.
 
As organizacións pola defensa dos traballadores téxtiles en Bangla Desh denunciaron que a responsabilidade de que acontezan numerosos accidentes neste lucrativo sector é da neglixencia do Goberno e das empresas occidentais, máis interesadas no aforro de custos que na seguridade.
 
A catástrofe, pon en xaque unha vez máis a un sector que o ano pasado xerou 15 millóns de euros en exportacións, e que contribuíu a difundir en case todos os fogares occidentais a etiqueta 'Made in Bangla Desh'.
 
Algúns dos traballadores do edificio Praza Rana Savar cobraban 28 euros ao mes, facendo roupa para a alcanzable marca irlandesa 'Primark', entre outras empresas.
 
En xaneiro xa se produciu un incendio nunha das fábricas de subministración da empresa española Inditex, líder mundial na industria téxtil e propietaria da marca Zara, que causou oito mortos (dous deles, menores de idade).
 
http://www.librered.net/?p=26340
 
Relacionado:
 
Sabes de ónde ven a roupa que te pos?
 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript