Abril de 2013
 
 

29/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL - SENTENZAS
 

O Supremo anula por primeira vez un ERE feito coa reforma laboral

A Sala do Social do Tribunal Supremo, pronunciouse por primeira vez sobre a última reforma laboral aprobada polo Goberno, confirmando a anulación do expediente de regulación de emprego (ERE) levado a cabo pola empresa Talleres López Gallego. Fan falta dúas sentenzas do Tribunal Supremo para sentar xurisprudencia.

 

  • Noticias relacionadas

 

A resolución, asinada por 12 maxistrados desta Sala, confirma o dito o pasado 30 de maio polo Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, que estimaba a demanda formulada por dous traballadores e a Federación de Industria de Comisións Obreiras contra a decisión de Talleres López Gallego e outras filiais do grupo de realizar un ERE que afectaba a 28 empregados seguindo a nova normativa.
 
No seu ditame, confírmase a nulidade por incumprimento referido á entrega dunha memoria económica minimamente suficiente e sinálase que a falta de achega desa documentación mínima aos representantes dos traballadores "afectou á realidade da existencia dun verdadeiro período de consultas" e facilitou que se puidesen "extinguir dende o principio e sen información relevante" a totalidade dos contratos de traballo aparentemente sostidos unicamente coa empresa Talleres López Gallego S.L.
 
Ademais, detecta a existencia de "graves defectos formais" na tramitación do expediente que levou á extinción dos contratos dos traballadores e sinala que se apreciaba a existencia entre as nove empresas codemandadas de vínculos empresariais, persoais e de decisión "que afectaban de xeito directo á consideración de que en realidade se estaba en presenza dun grupo de empresas a efectos laborais".
 
Así mesmo, sinala que, de conformidade coa legalidade vixente, a comunicación da apertura de período de consultas cos representantes dos traballadores por parte da empresa debeu ir acompañada, entre outras informacións, dunha memoria explicativa das causas do despedimento colectivo, así como da especificación das súas causas, o número e clasificación profesional dos traballadores afectados, do período prevista para a realización dos despedimentos e os criterios tidos en conta para a designación dos empregados afectados.
 
Non obstante, subliña que a "escasa" documentación entregada por Talleres López Gallego ao inicio do período de consultas consiste nunha "pequena" descrición cronolóxica da súa actividade no mercado, co que non cumpre.
 
Así, a sentenza sinala que non houbo unha real vontade negociadora por parte da compañía, que non chegou a ofrecer nada diferente ao longo da negociación.
 
Documentación:
 
Sentenza do Tribunal Superior de Justicia de Madrid
 
Sentenza do Tribunal Supremo

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript