Abril de 2013
 
 

29/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDAD COMPLUTENSE DE MADRID
 

Ante a represión no campus de Somosaguas da UCM

As e os estudantes do campus de Somosaguas da Universidad Complutense estabamos convocados a unha xornada de folga este 25 de abril acordada pola asemblea de estudantes do campus para facer fronte á política de recortes e de mercantilización da nosa universidade.

 

  • Noticias relacionadas

Ante esta convocatoria, as forzas policiais mandadas pola Delegación de Goberno na Comunidade de Madrid mostráronse implacables á hora de impedir ao estudiantado exercer o seu lexítimo dereito a folga e para iso entraron no campus e procederon a cargar indiscriminadamente contra os estudantes mesmo dentro das propias facultades.
 
A actitude da Universidad Complutense é se cabe tan desprezable como a da Delegación de Goberno, pois en vez de poñerse do lado dos estudantes e defender a autonomía democrática da Universidade, decidiu avalar por vía do seu Vicereitor de organización a criminal actuación policial que de momento se saldou en 11 estudantes detidos.
 
Por último, queremos deixar claro, ante a crecente manipulación mediática, que o encerro e a folga estudantil en Somosaguas non ten relación ningunha coa convocatoria de "Asedia o Congreso" prevista para o mesmo día de hoxe.
 
Esiximos ante esta violenta e desproporcionada actuación policial e ante a lamentable actitude da Universidade:
 

  •   A liberdade inmediata sen cargos de todos os estudantes detidos

  •   A dimisión da Delegada de Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes

  •   Un posicionamento rotundo das autoridades universitarias en favor da loita pola universidade pública e un público retracto polas lamentables declaracións emitidas ata agora

 

 

Relacionado:

- “Protestas, violencia y democracia” de Jorge Fonseca (Profesor UCM)
 
- “De incidentes en la Universidad Complutense o de seis millones doscientos mil parados” de Juan Carlos Monedero (Profesor UCM)

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript