Abril de 2013
 
 

29/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  REBELIÓN CIDADÁ
 

O pobo indignado de Ferrol, paraliza o pleno do concello

Traballadores e traballadoras de Navantia; afectad@s polas preferentes; trabalhador@s de FIMO, Dependencia e CAMF; Rede de Apoio Mutuo e STOP Desafiuzamentos e afectadas pola non entrega das vivendas de Recimil; Marcha Mundial das Mulleres ... coincidiron no Pazo Municipal do Concello para mostrar a súa desafección co goberno municipal do Partido popular.

 

  • Noticias relacionadas

Estaba previsto que no pleno intervirá unha representante do colectivo de persoas afectadas en espera de vivenda de Recimil. Ao irrumpir o alcalde e concelleiros e concelleiras do Partido Popular, a indignación rebordou e impediu que se puidera celebrar o pleno.
 
@s asistentes/as, puño erguido, entoaron rabiosamente o Grândola Vila Morena ante a cara estupefacta dos concelleiros populares e de Juan Fernández, de Independentes por Ferrol.
 
Berros continuos de:
 
Mentireiro!!
 
Sinvergoña!!
 
Ao Naval, DIQUE SI!!

 

Aí está.. a cova.. de Alí Baba!!

 

Non hai pan.. pá tanto chourizo!!

 

Dimisión!!


etc.. Foron parte dos calificativos tan merecidamente gañados en dous anos de DESgoberno.
 
O Pleno ao final suspendeuse, e non só pola imposibilidade de discorrer deste, se non que non existía o garante da seguridade dos concelleiros do P€P€, est@s decidiron refuxiarse nun cuarto que hai na mesma instancia. Tanta eran as présas por escapar, que mesmo Guillermo Evia, concelleiro de DESurbanismo deixouse esquecida a súa carpeta (Pero para o que a usa non se perde nada).
 
Fotos Susete’70
 
Artigo: http://artabra21.blogspot.com.es/ e http://ferrolsuso.blogspot.com.es/

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript