Abril de 2013
 
 

29/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Vixilancia ao grupo PESCANOVA para manter o traballo digno

A CUT empraza á Xunta e á Administración Central ao seguimento e vixilancia legal do Grupo Pescanova.

 

  • Noticias relacionadas

Feita pública a intervención xudicial no escándalo Pescanova, coa aceptación polo Xuiz do concurso de acredores voluntario, a CUT esixe publicamente da Xunta de Galicia e do Goberno Central, para que establezan pautas de actuación encamiñadas á  vixilancia e seguimento do proceso, garantindo o cumprimento estricto da lei.
 
Desde a CUT pensamos que o conflito Pescanova, reviste a gravidade suficiente e coñecendo ademais os antecedentes que levaron ó grupo a esta situación, para que con independencia da actuación xudicial, as administracións interveñan con axilidade e eficiencia no camiño de garantir o seguimento da actividade do grupo, o mantemento dos postos de traballo e sen que esto signifique a escravitude d@s traballador@s.
 
Todos e todas, somos coñecedores de como o capitalismo e os seus xestores nos gobernos, remontan estas situacións. Non é precisamente facéndolle devolver o roubado os culpables desta situación, senón arrancándollo do pelexo @s traballador@s, a través de ERE, diminuíndo os salarios, traballando máis horas, etc.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript