Número 185 - 29 de abril de 2013
 
 
El análisis -

    A loita de clases hoxe é máis evidente que nunca. Nos últimos vinte anos, só uns poucos, acusados de estar ancorados no pasado, eramos os e as que mantiñamos ese discurso nas nosas linguas.

UNIVERSIDADE

    O día 30 terá lugar a reunión do Claustro Universitario. Bo momento para abordar as cuestións de máis actualidade. Se tes algo que preguntar ou manifestarlle ao sr. reitor e/ou ao seu equipo de goberno fáinolo chegar para expoñelo.

EPA

    Segundo corea todo o goberno do PP a política económica de Rajoy está dando resultado: 6.202.700 paradas e parados dan boa fe diso.

XUNTA DE GALICIA

    Cóntase, con que, a partir de finais de maio ou principio de xuño, se implante o novo regulamento de horario e xornada que a Xunta comeza a negociar cos representantes dos traballadores e traballadoras. Unha cousa importante a ter en conta para reflexionar sobre o a xornada e horario proposto no anteproxecto é que os traballadores e traballadoras da Xunta fichan.

UNIVERSIDAD POLITÉCNICA DE MADRID

    Como xa vos informamos noutros PASquins o Consello de Goberno da Universidade Politécnica de Madrid tomo a cobarde decisión de despedir 301 PAS da Universidade.

LABORAL

    A CUT empraza á Xunta e á Administración Central ao seguimento e vixilancia legal do Grupo Pescanova.

LABORAL - SENTENZAS

    A Sala do Social do Tribunal Supremo, pronunciouse por primeira vez sobre a última reforma laboral aprobada polo Goberno, confirmando a anulación do expediente de regulación de emprego (ERE) levado a cabo pola empresa Talleres López Gallego. Fan falta dúas sentenzas do Tribunal Supremo para sentar xurisprudencia.

OLIGOPOLIO BANCARIO

    O director xeral de Banca Comercial de Banco Santander, Enrique García Candelas, calculou que Santander, BBVA e Caixabank aglutinarán unha cota de negocio do 70% tras a reestruturación do sector financeiro do estado.

OPINIÓN - Jorge Fonseca (ATTAC)

    A esencia da democracia é "tomar en conta o que o pobo quere e non quere", dicía Hobsbawm O incumprimento do goberno do seu programa electoral, aplicando medidas económicas e sociais contrarias a este, e maioritariamente rexeitadas, implican a violación gobernamental da devandita esencia.

O PENSAMENTO DO PP

    Ese é o comentario que soltou onte a delegada do Goberno en Catalunya, María de los Llanos de Luna, mentres asistía ao Open Banc Sabadell no Real Club de Tenis de Barcelona, ao ser preguntada sobre se os asistentes a un torneo de tenis son snobs.

FEIJOO, MARCIAL E A NEVE

    Feijóo, que se fotografaba daquela co traficante, xa era un alto cargo da Administración galega.

OPINIÓN - Isaac Rosa

    Se valoramos como se merece a loita contra os desafiuzamentos, e temos en conta que o goberno mostra a mesma sensibilidade cos parados que cos desafiuzados, parece claro cal debería ser a estratexia cidadá contra o paro: seguir o exemplo da PAH. Berrar "Si, pódese, pero non queren... Rematar co paro".

    
  •   
 
 EPA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    A EPA evidencia a destrución de emprego na administración pública. Dos 237.400 postos de traballo destruídos no primeiro trimestre, 71.400 corresponde á administración pública, sendo o primeiro sector no ranking de perda de emprego. Nos últimos doce meses desapareceron 258.300 postos de traballo neste ámbito.
 CONSELLO DE MINISTROS
    Despois de varios anos perdendo poder adquisitivo mediante conxelacións, eliminación de pagas e descontos porcentuais, agora o goberno prepárase para dar a puntilla aos nosos dereitos.
 UNIVERSIDADE - #AULASNARUA
    Centos de alumnos, máis de 30 PDI, algún PAS e moitos cidadáns participamos na toma dos espazos públicos da cidade para sensibilizar á sociedade sobre a delicada situación, din, que atravesa a universidade pública.
 REBELIÓN CIDADÁ
    Traballadores e traballadoras de Navantia; afectad@s polas preferentes; trabalhador@s de FIMO, Dependencia e CAMF; Rede de Apoio Mutuo e STOP Desafiuzamentos e afectadas pola non entrega das vivendas de Recimil; Marcha Mundial das Mulleres ... coincidiron no Pazo Municipal do Concello para mostrar a súa desafección co goberno municipal do Partido popular.
 UNIVERSIDAD COMPLUTENSE DE MADRID
    As e os estudantes do campus de Somosaguas da Universidad Complutense estabamos convocados a unha xornada de folga este 25 de abril acordada pola asemblea de estudantes do campus para facer fronte á política de recortes e de mercantilización da nosa universidade.
 UNIVERSITAT POLITÈCNICA DE CATALUNYA
    A situación financeira da Universitat Politècnica de Catalunya (UPC), que acumulaba a finais do 2012 un déficit de 111 millóns de euros, volveuse en contra do reitor, Antoni Giró, que este mércores viu como o consello de goberno revogaba (por 28 votos a favor e 23 en contra) a súa decisión de despedir 90 traballadores interinos de administración e servizos (PAS).
 INTERNACIONAL
    Os traballadores do sector téxtil en Bangla Desh protagonizaron este venres violentas protestas en distintos puntos do país despois de que a derruba dun edificio, no que había cinco fábricas de roupa, se cobrase xa a vida de 292 persoas e deixase máis dun millar de feridos, informan os medios locais.
 OPINIÓN - Juan Torres (ATTAC)
    As últimas noticias sobre a economía española e a reacción do goberno ante as protestas cidadás marcan ao meu xuízo un punto definitivo de non retorno.
 INTERNACIONAL - SOLIDARIEDADE
    A CUT estará presente nunha Comisión Internacional que viaxará nos vindeiros días á Fraxa de Gaza.
 LINGUA-Xabier P. DoCampo-ProLingua
    A primeiros da semana escribín un artigo en Sermos Galiza no que relataba a miña experiencia con rapaces e rapazas de primaria en colexios dunha das sete cidades grandes de Galicia.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
    O PP CUMPRE

     
      O PP PREPARA NOVOS RECORTES

       
        O SEU PREDICAMENTO: FACER MÁIS CON MENOS

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript