Abril de 2013
 
 

29/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  EPA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Eliminación de emprego público

A EPA evidencia a destrución de emprego na administración pública. Dos 237.400 postos de traballo destruídos no primeiro trimestre, 71.400 corresponde á administración pública, sendo o primeiro sector no ranking de perda de emprego. Nos últimos doce meses desapareceron 258.300 postos de traballo neste ámbito.

 

  • Noticias relacionadas

Este recorte prodúcese de xeito silencioso pero constante, a eliminación das taxas de reposición e o drástico recorte de postos de traballo desenvolvidos por persoal interino son a causa principal desa diminución de postos, pero, tamén a aplicación de leis como a promovida por ministros tan infames como Wert están na orixe desta destrución. Sen ir máis lonxe, na Universidade de Vigo veñen de aprobar a eliminación de 300 prazas de profesores asociados
 
As políticas neoliberais queren rematar co xa paupérrimo estado de ben estar con recortes que teñen un marcado carácter ideolóxico van no camiño de privatizar todos os servizos á cidadanía.
 
O camiño para chegar aos obxectivos está programado, comézase destruíndo o emprego o que implica que a atención será máis deficiente ou imposible o que acaba sendo a coartada para proceder á privatización.
 
Este proceso privatizador constátase, de xeito xeneralizado, por exemplo, na Xunta de Galicia, pero tamén na nosa Universidade onde a carencia de efectivos provoca a externalización de multiples actividades e servizos.
 
Temos que entender que os servizos que proporcionamos só se van a facer efectivos si existen traballadores que os vehiculicen. Se non hai traballadores os servizos desaparecen. Por este motivo estamos na obriga de defendelos.
 
Temos que tomar conciencia na nosa condición de traballadores e traballadoras, non podemos permitir que rematen cos nosos postos de traballo, temos o dereito e a obriga de defendelos, por nós e polos que veñen detrás.
 
O 1º de maio todas e todos á rúa, tamén na defensa dos servizos e do emprego público.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript