Abril de 2013
 
 

29/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  OLIGOPOLIO BANCARIO
 

Santander, BBVA e Caixabank terán unha cota de negocio do 70%

O director xeral de Banca Comercial de Banco Santander, Enrique García Candelas, calculou que Santander, BBVA e Caixabank aglutinarán unha cota de negocio do 70% tras a reestruturación do sector financeiro do estado.

 

  • Noticias relacionadas

 

"Vaise producir de forma máis rápida do que espera o mercado", afirmou o director xeral de Banca Comercial do Santander na súa intervención no 'XX Encontro financeiro'.
 
Esta opinión foi compartida polo director do grupo BBVA en España e Portugal, Jaime Sáenz de Tejada, e o director xeral de negocio de Caixabank, Juan Antonio Alcaraz, que participou nas mesmas xornadas. Esta mellora na cota de negocio das grandes entidades sería a custa das entidades nacionalizadas.
 
O directivo do Santander ademais vaticinou que o sector quedará configurado por unhas sete ou oito entidades ao final do proceso de axuste.
 
A saída para o depósito dos nosos cartos nun mercado bancario controlado por estas quenllas  é a banca ética, a mediados de ano agárdase que fiare poida comezar a actuar como banca tradicional no que se poida domiciliar a nómina, en definitiva, unha boa alternativa
 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript