Abril de 2013
 
 

29/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - #AULASNARUA
 

#Aulasnarúa, un éxito sen precedentes

Centos de alumnos, máis de 30 PDI, algún PAS e moitos cidadáns participamos na toma dos espazos públicos da cidade para sensibilizar á sociedade sobre a delicada situación, din, que atravesa a universidade pública.

 

  • Noticias relacionadas

Na presentación da mobilización o voceiro de UDC en loita, convocante da acción subliñou que "Queremos visibilizar o conflito e denunciar que non se pode poñer a universidade pública ao servizo das grandes empresas". Segundo sinalan os estudantes, con esta actuación súmanse esforzos na denuncia que fan da nova LOMCE (Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa), acompañada dunha "brutal suba das taxas públicas", e na súa esixencia de implantación dunha política de bolsas para facer a universidade "accesible e democrática", subliñan.
 
Algunhas fotos (non puidemos estar en todas as aulas, por coincidir en horario)

 


 


 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript