Abril de 2013
 
 

29/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALICIA
 

Proposta de xornada e horario

Cóntase, con que, a partir de finais de maio ou principio de xuño, se implante o novo regulamento de horario e xornada que a Xunta comeza a negociar cos representantes dos traballadores e traballadoras. Unha cousa importante a ter en conta para reflexionar sobre o a xornada e horario proposto no anteproxecto é que os traballadores e traballadoras da Xunta fichan.

 

O máis importante do dito regulamento é que establece varias modalidades de horario:
 
Un horario xeral: de luns a venres, de 7,45 a 15,15 horas. Os retrasos na entrada de ata 30 minutos poderanse compensar diariamente.
 
Horario flexible por interese particular: unha parte fixa, entre as 9:00 e as 14:00 horas; e unha parte flexible para o tempo restante, entre as 7:00 e as 9:00 e entre as 14:00 e as 18:30, de luns a venres. Téndose que cumprir o número de horas en cómputo semanal.
 
Horario flexible por razóns de conciliación: poden solicitalo os/as que teñan fillos menores de doce anos ou familiares cos que conviven que, por enfermidade ou idade avanzada, necesiten a asistencia doutras persoas, así como os que estean en proceso de separación ou divorcio, até os tres meses desde a solicitude ou demanda. Esta modalidade xornada terá entre 7:00 e as 18:30 o horario de referencia.
 
Horarios especiais: atención cidadá, postos de traballo de apoio ou de carácter técnico ou administrativo, cando se considere máis axeitada a xornada partida e, en xeral, calquera horario distinto do xeral.
 
Ademais, regúlase tamén como novidade, a modalidade de prestación de servizos de xeito non presencial a través do teletraballo, cuxo obxecto é acadar unha maior eficiencia na prestación de servizos a través do uso das novas tecnoloxías contribuíndo á conciliación da vida laboral e familiar.. Esta opción condiciónase a ter 2 anos de antigüidade e só é posible solicitala nuns servizos determinados.
 
A Xunta dá de prazo até o vindeiro 10 de maio de 2013 para que os sindicatos formulen as consideracións ao anteproxecto

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript