Abril de 2013
 
 

29/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDAD POLITÉCNICA DE MADRID
 

Comunicado da Coordinadora UPM de profesores, estudantes e persoal de administración e servizos

Como xa vos informamos noutros PASquins o Consello de Goberno da Universidade Politécnica de Madrid tomo a cobarde decisión de despedir 301 PAS da Universidade.

 

  • Noticias relacionadas

A comunidade universitaria non se rende, os pronunciamentos de Xuntas de Facultades, de Departamentos… sucédense reclamando a reconsideración da decisión e a dimisión do equipo reitoral.
 
O último en tomar unha decisión neste camiño foi o Consello de Departamento de Matemática Aplicada da E.U. Informática da UPM,  que na súa sesión do 10 de abril 2013, acordou entre outros puntos o seguinte:
 
"3. Solicitar a dimisión do Reitor da UPM por pregarse ás esixencias da Comunidade de Madrid, non defender a Universidade, incumprir o seu programa electoral, despedir 301 traballadores e aplicar unha importante baixada salarial ao PDI. "
 
-O "interventor-reitor" da Comunidade de Madrid, Sr. Conde, ten que dimitir. Necesitamos un novo Reitor na UPM que defenda a Universidade para que non se leven a cabo novos despedimentos de profesores e PAS nin haxa novas baixadas de soldo, que xa se están a planificar no Reitorado.
 
- O sábado 20 de abril, na porta do Auditorio Nacional de Música antes do Concerto organizado pola UPM, fíxose un "escrache" ao Sr. Reitor pedindo a readmisión dos 301 despedidos e a súa dimisión. Entre os asistentes ao concerto estaba Dna. Cristina Cifuentes, Delegada do Goberno en Madrid, que tanta policía lle proporcionou ao Reitor Conde nos últimos tempos.

Acordos Asemblea 18 abril Reitorado UPM
 
- Xoves verdes na UPM. Nos Centros da UPM, arredor das 12:00 h, invítase a participar a todos nunha protesta ruidosa en defensa da Universidade Pública e pedindo a readmisión dos 301 despedidos.
 
- Proponse que todos os órganos de representación colexiados da UPM (Xuntas de Centro, Consellos de Departamento, Xuntas e Comités de Persoal, etc.) se pronuncien para solicitar a dimisión do Sr. Reitor, seguindo o exemplo do Dpto. de Matemática Aplicada da EUI.
 
- Facer un escrito de queixa a Xerencia, porque autorizou os membros do PAS a acudir á asemblea do pasado día 18 de abril fóra do horario laboral, é dicir que os autoriza a reunirse no seu "tempo de ocio".
 
- Apoiar a folga xeral de Ensino do próximo 9 de maio, en defensa da Universidade Pública e reclamando a readmisión dos 301 despedidos.
 
- Proponse un encerro na UPM o día 8 de maio, véspera da folga.
 
- Proponse realizar un Acto conxunto das universidades públicas de Madrid, o día 7 de maio, en defensa da Universidade Pública
 
Por outra parte o sindicato UGT ven de presentar Conflito Colectivo contra os despedimentos. Xuntamos copia.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript