Abril de 2013
 
 

29/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  CONSELLO DE MINISTROS
 

O Goberno prepara o ataque definitivo ao sector público

Despois de varios anos perdendo poder adquisitivo mediante conxelacións, eliminación de pagas e descontos porcentuais, agora o goberno prepárase para dar a puntilla aos nosos dereitos.

 

  • Noticias relacionadas

O Consello de Ministros do día 26 abriu a porta a outra e sucesivas baixadas xeneralizadas nos soldos dos traballadores da administración pública. Na rolda de prensa posterior á reunión anunciouse que os salarios do sector deixarán de ter como referencia o Índice de Prezos ao Consumo (IPC), referiuse directamente a unha "Lei para a desindexación da economía española" que afectará, tamén, á revalorización das pensións.
 
Mentres que o indicado con anterioridade levarase a efecto, non perderon a ocasión para contarnos outra mentira. En referencia  ao emprego nas administracións públicas, Sáenz de Santamaría referiuse a un futuro "redimensionamento do emprego público" e fixo referencia a que, malia que no último ano desapareceron 258.000 empregos públicos, durante o período 2007-2011 as administracións crearon máis de 200.000 puestos de traballo.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript