Abril de 2013
 
 

22/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Nova sentenza contra a universidade

O Xulgado do Social nº 2 de Ferrol ditou sentenza contra a Universidade da Coruña obrigando á readmisión da compañeira contratada do Capítulo VI e, así mesmo, a facerlle un contrato indefinido. A traballadora terá, tamén, o seu correspondente incremento salarial pois pasará a cobrar segundo o establecido no Convenio Colectivo do Persoal Laboral.

 

Advertímolo de xeito reiterado, os contratos realizados aos compañeiros/as do capítulo VI son ilegais.
 
Neste caso a xuíz sinala como probados que a compañeira que demanda exerce como Técnico de Inserción Laboral desde o ano 2007, coa categoría laboral  do grupo I.
 
Que unha sentenza anterior xa lle recoñecera o carácter indefinido da súa contratación e coas remuneracións recoñecidas no Convenio Colectivo de PAS laboral.
 
Despois da dita sentenza a Universidade procedeu ao seu despedimento, fundamentándoo en que non recibira a subvención para o mantemento da praza. Despido que a compañeira recorreu.
 
A sentenza recalca o que nós  denunciamos, establecendo que “ Debe engadirse que a natureza indefinida da relación laboral da actora, deriva da presenza de contratos formalizados en fraude de lei”.
 
A sentenza desmonta, tamén, todas as argumentacións da Universidade e condénaa a que proceda á readmisión inmediata da compañeira ao seu posto de traballo.
 
Polo que sabemos detrás desta sentenza virán máis, coñecemos que varios traballadores contratados do Capítulo VI están en litixio coa Universidade por causas semellantes. A Institución está na obriga de reconsiderar a súa política de contratacións. A Universidade non pode fundamentar nin a investigación nin o funcionamento de ningún servizo na precariedade dos traballadores e traballadoras

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript