Abril de 2013
 
 

22/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL - FERROL
 

Miles de traballadores do naval toman Ferrol

Feijoo, cun problema interno de narices, (dicímolo por iso da neve), intentou, unha vez máis votar terra sobre o asunto marchando de xira a México para repetir a estratexia da campaña electoral, prometer solucións en base á súa amizade coa cúpula da petroleira Pemex.

 

  • Noticias relacionadas

O problema para Feijoo é que xa non se lle cre, as promesas incumpridas realizadas con anterioridade xa non lle colan, os traballadores do naval van caendo na conta que sen mobilización non haberá solución e que a inacción é unha condena de morte.
 
Os traballadores e traballadoras séntense cada día con máis motivos enganados e xa nin os sindicatos pactistas poden conter o seu cabreo o día 19 nas rúas de Ferrol  demostrouse a fartura dos traballadores do naval.
 
Con desemprego galopante e cun fúnebre futuro a clase obreira de Ferrol Terra comeza a non ter nada que perder e, sen dúbida, as mobilizacións incrementaranse, tanto en número como en intensidade. Non hai outro camiño.
 
Fotos Susete'70.

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript