Abril de 2013
 
 

22/04/2013

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA - ProLingua
 

Nota da Presidencia en funcións sobre o recurso da RAG contra o Decreto de Plurilingüismo da Xunta de Galicia

O Tribunal Supremo, Sala Terceira do Contencioso-Administrativo, acaba de ditar unha dilixencia con data 15 de abril de 2013, que nos foi remitida polos servizos xurídicos da Real Academia Galega, na que se lle abre un prazo de trinta días a Xunta de Galicia para:

 

  • Noticias relacionadas

"manifestar si sostiene o no el recurso de casación preparado contra la resolución dictada en el recurso contencioso-administrativo núm. 591/2010".
 
Na mesma dilixencia comunícaselle á RAG que
 
"dado el carácter de corporación de derecho público de la REAL ACADEMIA GALEGA, y por tanto, exenta del pago de tasas, habiendo presentado "ad cautelam" el modelo 696 de Tasas, póngase tal circunstancia en conocimiento de la Agencia Tributaria, para que resuelva lo que proceda sobre la devolución de la tasa efectuada".
 
Esta dilixencia permítenos comunicarlles:
 
1º) Que pese ás manifestacións públicas do presidente da Xunta de Galicia, de 14 de marzo de 2013, de asumir as distintas sentenzas xudiciais sobre o decreto de plurilingüismo, a Xunta de Galicia preparou Recurso de Casación ante o Tribunal Supremo en tempo e forma contra a Sentenza do TSX de Galicia que anulaba dous artigos do Decreto de Plurilingüismo, ditada no procedemento iniciado pola RAG. A Xunta na data desta providencia, 15 de abril, non tiña desistido do seu Recurso de Casación e por tanto está en prazo para completar a súa formulación ante o Tribunal Supremo, dado que a día de hoxe non nos consta ningunha notificación en sentido contrario.
 
2º) Que a Real Academia Galega, como corporación de dereito público, está exenta de pagamento de taxas na presentación do seu recurso de casación perante o Tribunal Supremo.
 
3º) Que é un dos escasos recursos no que o conflito lingüístico arredor do galego chega ao Tribunal Supremo de Madrid, cando os idiomas catalán e vasco foron defendidos neste alto tribunal en numerosas ocasións polos seus respectivos gobernos.
 
4º) Que os servizos xurídicos da RAG seguen a facer un traballo responsable, xeneroso e desinteresado en defensa da lingua galega, sen percibiren ningún tipo de remuneración.

A Coruña, 19 de abril de 2013

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript